InicioSOCIEDADEO Camiño como ferramenta de inclusión: 150 participantes culminan a VIII Edición...

O Camiño como ferramenta de inclusión: 150 participantes culminan a VIII Edición do Camiño dos Valores

Os participantes percorreron a última etapa desde Sarria acompañados por educadores e voluntarios, reforzando os valores de esforzo persoal e traballo en equipo.

Publicado o

Xornal de Compostela

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, destacou o papel do Camiño de Santiago para fomentar os valores da inclusión e superación, así como a cooperación e integración. Así o fixo este domingo en Santiago no recibimento aos 150 participantes do VIII edición do Camiño dos Valores que culminaron esta experiencia despois de iniciar en Sarria o pasado xoves a última parte do Camiño Francés.

Tamén eloxiou a decisión e o pulo dos mozos e mozas participantes así como dos educadores, técnicos, voluntarios e monitores que os acompañaron para realizar esta experiencia e tomar conciencia de todo o que significa o Camiño e o traballo persoal que se pode realizar durante o seu percorrido.

Iniciativas como esta fannos avanzar máis que nunca na proxección dos valores da ruta xacobea, á vez que os afianza e revela como ferramenta de autoaxuda para atender situacións difíciles que poden ter saída desde o compromiso e a reflexión individual e social”, subliñou.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

Suspenden a audiencia contra un policía urbanístico de Santiago acusado de falsificar un informe

A Audiencia Provincial da Coruña, na súa sede de Santiago de Compostela, suspendeu este...