InicioCULTURAO Museo Gaiás conta cunha audioguía en lingua de signos para dispositivos...

O Museo Gaiás conta cunha audioguía en lingua de signos para dispositivos móbiles

Publicado o

Xornal de Compostela

A Xunta lanzou unha audioguía para dispositivos móbiles destinada a facer máis accesible a visita ás exposicións do Museo Gaiás, tamén para as persoas con dificultade auditiva, ao incorporar explicacións en lingua de signos.

Segundo detallou o Executivo galego, a aplicación está dispoñible polo momento para a mostra ‘Unha vida viquinga’ e inclúe tamén audio e texto en tres idiomas. A aplicación aproveita a funcionalidade de xeolocalización dos dispositivos móbiles determinando en que punto da sala está a persoa visitante.

En función disto, mostra información sobre algunhas das pezas arqueolóxicas que se exhiben e dos puntos de interese máis próximos, para poder gozar dunha visita máis completa. Desta forma, a ferramenta está dispoñible a través do repositorio web de aplicacións móbiles da Xunta, e das principais plataformas de descarga de aplicacións.

ÚLTIMAS

A acampada de Santiago pola vivenda mantense pese ao mal tempo “ata que haxa cambios reais”: “Como bos galegos, non nos para a choiva”

A acampada pola vivenda instalada na Praza do Obradoiro de Santiago continuará de xeito...

Os Roteiros Saudables da AECC regresan a Santiago con andainas quincenais para combater o sedentarismo

O programa Roteiros Saudables da Asociación Española contra o Cancro (AECC) regresará a Santiago...

O PSOE urxe o Goberno de Santiago a completar o censo de vivendas baleiras e mobilizalas

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclamou ao Goberno local que complete o censo...

A mocidade no Obradoiro seguirá a acampada: “A dereita traerá máis miseria”

Os mozos acampados pola vivenda na praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, aseguraron...

A acampada de Santiago pola vivenda mantense pese ao mal tempo “ata que haxa cambios reais”: “Como bos galegos, non nos para a choiva”

A acampada pola vivenda instalada na Praza do Obradoiro de Santiago continuará de xeito...

A mocidade no Obradoiro seguirá a acampada: “A dereita traerá máis miseria”

Os mozos acampados pola vivenda na praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, aseguraron...

Santiago abre o ciclo ‘Malestares’ para abordar os medos e incertezas da mocidade

A Concellería de Xuventude de Santiago e a Asociación Mulleres Andaina impulsan durante este...