InicioPOLÍTICASumar Galicia reclama que Interior aclare as cargas policiais nunha manifestación a...

Sumar Galicia reclama que Interior aclare as cargas policiais nunha manifestación a favor de Palestina en Santiago

A formación tamén sinala que esta desproporcionalidade non concorda cos novos acordos alcanzados polo Goberno de España sobre os dereitos de manifestación

Publicado o

Xornal de Compostela

Os deputados de Sumar Galicia, Verónica Barbeiro e Manuel Lago, pediron explicacións ao Ministerio de Interior polas cargas policiais nunha manifestación a favor do pobo Palestino en Santiago de Compostela o pasado fin de semana.

Nun comunicado, a formación explica que os parlamentarios presentaron na mesa do Congreso unha serie de preguntas relativas ás actuacións policiais da marcha celebra o pasado 6 de outubro contra diferentes manifestantes que cualifican de “desproporcionadas“.

Unha xornada na que, segundo sinalan, na cidade da Coruña os “ultras de extrema dereita do Málaga C.F. enfrontáronse a seguidores do Depor e causaron danos en diferentes establecementos e persoas ante unha notable pasividade das autoridades”.

Ante estes sucesos, Sumar Galicia pide ao Ministerio de Interior unha “xustificación” para que estes axentes policiais utilizasen a violencia ante manifestantes non violentos, “pondo mesmo en dúbida se poderían vulnerar o dereito constitucional de manifestación”.

A formación tamén sinala que esta desproporcionalidade non concorda cos novos acordos alcanzados polo Goberno de España sobre os dereitos de manifestación.

ÚLTIMAS

A mocidade no Obradoiro seguirá a acampada: “A dereita traerá máis miseria”

Os mozos acampados pola vivenda na praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, aseguraron...

A mocidade socialista de Compostela convoca unha protesta de urxencia polo adianto electoral

A Coordinadora da Mocidade Socialista (CMS) convocou para este luns unha mobilización de urxencia...

BNG, Compostela Aberta e PSOE sitúan a vivenda no centro do adianto electoral en Santiago

O BNG, Compostela Aberta e o PSdeG de Santiago reaccionaron este luns ao anuncio...

A Xunta de Goberno dá luz verde ao cambio de uso dunha parcela para construír 36 vivendas públicas en Santiago

A Xunta de Goberno Local de Santiago aprobou este luns a ordenación dunha parcela...