InicioSANTIAGO(VÍDEO) A Alameda de Santiago experimenta toda a furia de Kirk con...

(VÍDEO) A Alameda de Santiago experimenta toda a furia de Kirk con árbores arrincadas de raíz

Así, un dos exemplares, que estaba arrincado de raíz, levantou parte do chan o que levou á ruptura dalgunha tubaxe pola que saía auga

Publicado o

Xornal de Compostela

O paso do exhuracán ‘Kirk’ por Galicia tombou varias árbores na histórica Alameda de Santiago que, a pesar de estar pechada, varias persoas transitaban polo recinto.

Así, un dos exemplares, que estaba arrincado de raíz, levantou parte do chan o que levou á ruptura dalgunha tubaxe pola que saía auga.

No paseo dos Leóns, do mesmo parque, tamén caeron varias ramas. De feito, segundo informou este mércores en rolda de prensa o concelleiro de Mobilidade e Convivencia, Xan Duro, a maioría das intervencións (45) realizadas polos efectivos de foron por árbores e ramas caídas.

No mediodía desta xornada, os efectivos aínda tiñan 42 incidencias sen atender xa que, debido ao volume de actuacións, tiveron que “priorizar as máis importantes”.

Aínda que a entrada ao parque está cortada, os únicos que poden acceder ao recinto son os residentes e as familias usuarias da gardaría que se atopa na Alameda. Para o acceso ao centro infantil os pais ou cruzan o parque ou deben ir por unhas escaleiras que carecen de ramplas para os carros dos bebés.

ÚLTIMAS

A Feira do Libro de Santiago abre a súa 45ª edición reivindicando a Begoña Caamaño e a lectura en galego

A 45ª Feira do Libro de Santiago de Compostela arrancou este sábado cunha xornada...

Un control na AP-9 destapa un posible caso de falsidade documental no transporte

A Garda Civil de Santiago mantén aberta unha investigación contra dúas persoas como presuntas...

A SD Compostela vence ao Estradense e mantén vivo o pulso polo ascenso na última xornada

A SD Compostela continúa con vida na loita polo ascenso tras superar este domingo...

O pleno desbloquea o pago das facturas de Serviplus para saldar a débeda salarial co persoal dos centros socioculturais

A corporación municipal de Santiago deu luz verde este xoves, durante a sesión plenaria,...

Un control na AP-9 destapa un posible caso de falsidade documental no transporte

A Garda Civil de Santiago mantén aberta unha investigación contra dúas persoas como presuntas...

A comisaría provisional de Santa Marta acollerá o DNI e as unidades de investigación de Santiago

O subdelegado do Goberno na Coruña, Xullo Abalde, avanzou que a comisaría provisional da...

Compostela e A Coruña volverán estar desconectadas por ferrocarril debido ás obras na estación herculina a partir do 5 de xuño

A estación de Santiago de Compostela verá alterada parte da súa operativa ferroviaria a...