InicioPOLÍTICAO BNG celebrará en Santiago a súa XVIII Asemblea Nacional para fortalecer...

O BNG celebrará en Santiago a súa XVIII Asemblea Nacional para fortalecer o seu proxecto político

Ana Pontón busca reforzar a organización e conquistar o goberno de Galicia nun momento clave para a fronte nacionalista

Publicado o

Xornal de Compostela

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) celebrará o vindeiro 1 de decembro a súa XVIII Asemblea Nacional en Santiago de Compostela, coa intención de reforzar o seu proxecto político co obxectivo de “conquistar o goberno de Galicia”. Así o anunciou este sábado a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, durante a súa intervención no Consello Nacional da formación, que tivo lugar en Teo.

Pontón destacou que o BNG está no seu “mellor momento” e que a asemblea será unha oportunidade para afianzar a estratexia de crecemento que lle permitiu chegar a amplos sectores da sociedade galega, sen renunciar aos seus principios nacionalistas. “Reforzar a organización é clave para seguir avanzando e afrontar os retos que temos por diante”, asegurou.

A líder nacionalista fixo un chamamento a non caer no conformismo, destacando que o avance do BNG non é “punto e final”, senón unha tendencia sólida que permitirá converterse na forza hexemónica de Galicia. “Temos que seguir traballando con humildade para darlle a Galicia o futuro que merece”, subliñou.

Pontón tamén fixo fincapé en que o BNG é moito máis ca unha organización política, definíndoo como a “expresión da nación galega” e a esperanza dunha cidadanía que busca unha Galicia mellor.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O PP denuncia que a Policía Local traballou con seis axentes nalgúns días do verán

O Partido Popular de Santiago denunciou a situación dos efectivos da Policía Local durante...

Sanmartín prevé asinar o novo contrato dos autobuses en setembro e poñer o servizo en marcha este outono

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, situou para finais da próxima semana ou comezos...