InicioPOLÍTICAO PP de Santiago "responsabiliza" a Goretti Sanmartín da subida do canon...

O PP de Santiago “responsabiliza” a Goretti Sanmartín da subida do canon de Sogama

"Hai que ter a cara moi grande para dar unha rolda de prensa criticando un imposto do que es responsable" comenta Verea

Publicado o

Xornal de Compostela

O líder do Partido Popular en Santiago, Borja Verea, mostrou a súa “sorpresa” ante as críticas da alcaldesa da cidade, Goretti Sanmartín, á subida do canon que propón Sogama. Neste sentido, asegurou que tanto a rexedora como o BNG son “responsables” deste incremento debido ao seu “apoio” a Pedro Sánchez.

Deste xeito, Verea esgrimiu que o que “ten que facer” Sanmartín é “buscar outro tipo de aliados” ou ser responsables cando toman decisións que despois “teñen repercusións en todos os cidadáns”.

Por outra banda, Sogama, empresa dependente da Consellería de Medio Ambiente, considera “necesario” aplicar unha subida no canon que pagan os municipios, que pasará aos 108 euros por tonelada de cara a 2025, no canto dos 66 actuais.

Con todo, durante unha rolda de prensa celebrada este martes no Pazo de Raxoi, Verea puxo o foco en que este é un “imposto estatal”, polo que reiterou que a rexedora compostelá tamén é reponsable desta subida.

“Estamos moi sorprendidos de que a propia responsable deste imposto sexa a que está ao criticar e que fale dun sablazo, cando no último mes contratou a un novo asesor, polo que xa van 14 asesores”, denunciou o popular.

Neste sentido, Verea asegurou que hai “moito escurantismo” e “ningunha transparencia” sobre unha cuestión “tan sensible” como é a contratación “a dedo” de persoal municipal co diñeiro de “todos os cidadáns”.

“A CARA MOI GRANDE”

Así mesmo, afeou á alcaldesa que se “ría” dos cidadáns e convoque roldas de prensa para criticar “a subida dun imposto” da que é a “principal responsable”.

“Hai que ter a cara moi grande para dar unha rolda de prensa criticando un imposto do que es responsable, polo que ten que facer o goberno local é falar co seu socio e retirar ese imposto, máis que facer espectáculos de roldas de prensa”, subliñou. Con todo, incidiu en que Santiago xa hai “problemas suficientes” como para “inventar” problemas novos.

ÚLTIMAS

A mocidade no Obradoiro seguirá a acampada: “A dereita traerá máis miseria”

Os mozos acampados pola vivenda na praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, aseguraron...

A mocidade socialista de Compostela convoca unha protesta de urxencia polo adianto electoral

A Coordinadora da Mocidade Socialista (CMS) convocou para este luns unha mobilización de urxencia...

BNG, Compostela Aberta e PSOE sitúan a vivenda no centro do adianto electoral en Santiago

O BNG, Compostela Aberta e o PSdeG de Santiago reaccionaron este luns ao anuncio...

A Xunta de Goberno dá luz verde ao cambio de uso dunha parcela para construír 36 vivendas públicas en Santiago

A Xunta de Goberno Local de Santiago aprobou este luns a ordenación dunha parcela...

BNG, Compostela Aberta e PSOE sitúan a vivenda no centro do adianto electoral en Santiago

O BNG, Compostela Aberta e o PSdeG de Santiago reaccionaron este luns ao anuncio...

A Xunta de Goberno dá luz verde ao cambio de uso dunha parcela para construír 36 vivendas públicas en Santiago

A Xunta de Goberno Local de Santiago aprobou este luns a ordenación dunha parcela...

O PP cifra en máis de 250 os asistentes á súa III Romaría e Verea chama a intensificar o traballo para as municipais

O PP de Santiago celebrou este sábado a súa III Romaría Popular, unha cita...