InicioPOLÍTICAO goberno de Santiago apela ás distintas administracións para ter un debate...

O goberno de Santiago apela ás distintas administracións para ter un debate “sosegado” sobre turismo

O goberno local aprobou hai uns meses un convenio de colaboración coa USC para desenvolver traballos de investigación en materia de turismo sustentable e diferentes mesas sectoriais

Publicado o

Xornal de Compostela

A portavoz do goberno local de Santiago, Míriam Louzao, asegurou que o Concello compostelán coincide cos expertos en que hai que ter un debate “sosegado” e “acougado” respecto da situación turística que vive a capital galega e apela á unión entre administracións para logralo.

Nesta liña, asegurou que é unha cuestión “importante” que deben “valorar” e “estudar”, polo que piden ás diferentes administracións que “acompañen” ao consistorio nesa reflexión. Así mesmo, Louzao lembrou que o goberno local aprobou hai uns meses un convenio de colaboración coa USC para desenvolver traballos de investigación en materia de turismo sustentable e diferentes mesas sectoriais.

Neste sentido, subliñou que o goberno local “está a sentar as bases do que vai ser o turismo do futuro”, polo que incidiu no compromiso da súa administración para traballar e lograr un turismo “consciente e responsable”. “Cada vez é máis evidente e mantémolo desde o primeiro día, pero cremos que debemos estar todas as administracións implicadas”, lembrou. Deste xeito, puxo o foco nas diferentes campañas de información e de concienciación postas en marcha polo Concello de Santiago.

Neste sentido, indicou que o goberno local continuará nesa dirección e reflexionará nesas mesas sectoriais sobre que medidas se poden tomar e sobre que modificacións poden levar a cabo nas ordenanzas durante estes mandatos. Con todo, convidou ao resto de administracións a unirse entre todas para cambiar o modelo turístico, xa que asegurou que o Concello de Santiago non pode facelo en solitario se outras administracións como a Xunta “non están no mesmo camiño”.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O PP denuncia que a Policía Local traballou con seis axentes nalgúns días do verán

O Partido Popular de Santiago denunciou a situación dos efectivos da Policía Local durante...