InicioPOLÍTICAO Pazo de Raxoi celebrará hoxe o acto institucional en recordo a...

O Pazo de Raxoi celebrará hoxe o acto institucional en recordo a Ánxel Casal

O acto contará coa participación de representantes dos concellos de Santiago, Teo e Arzúa

Publicado o

Xornal de Compostela

O Pazo de Raxoi acollerá este luns, ás 13:00 horas, un acto institucional en memoria de Ánxel Casal, alcalde republicano de Santiago asasinado tras o golpe de estado de 1936. Este evento, que terá lugar no Salón Nobre de Raxoi, desenvolverase por segundo ano consecutivo e ten como obxectivo recoñecer a figura de Casal e ás persoas represaliadas xunto a el.

A homenaxe contará coa participación dos alcaldes de Santiago, Arzúa e Teo, Goretti Sanmartín, Xoán Xesús Carril e Juan Jesús Cerqueiro, respectivamente. Os representantes municipais intervirán para “visibilizar os lugares que marcaron os momentos finais da vida e loita de Casal”, segundo anunciou o Concello de Santiago.

Este acto institucional busca “honrar a dignidade colectiva das persoas que loitaron a favor da liberdade e da democracia e que foron represaliadas tras o golpe do 36”, co especial recoñecemento á figura de Casal, asasinado o 19 de agosto dese mesmo ano en Cacheiras.

Ánxel Casal, ademais de ser alcalde de Santiago en 1936, foi vicepresidente da Deputación da Coruña, impulsor do Estatuto do 36, membro do Partido Galeguista e das Irmandades da Fala.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O PP denuncia que a Policía Local traballou con seis axentes nalgúns días do verán

O Partido Popular de Santiago denunciou a situación dos efectivos da Policía Local durante...

Sanmartín prevé asinar o novo contrato dos autobuses en setembro e poñer o servizo en marcha este outono

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, situou para finais da próxima semana ou comezos...