InicioPOLÍTICAA Deputación da Coruña instalará na Praza Roxa unha pantalla xigante para...

A Deputación da Coruña instalará na Praza Roxa unha pantalla xigante para ver a final da Eurocopa

O Concello de Santiago optou, pola súa banda, por non financiar este tipo de instalacións con fondos públicos

Publicado o

Xornal de Compostela

A Deputación da Coruña anunciou que facilitará a instalación dunha pantalla xigante en Santiago de Compostela para a retransmisión da final da Eurocopa este domingo, onde a Selección Española se enfrontará a Inglaterra. Esta decisión prodúcese despois de que o Concello de Santiago optase por non financiar este tipo de instalacións con fondos públicos, tal e como ocorreu en eventos deportivos anteriores.

Segundo fontes da Deputación, o ofrecemento para instalar pantallas tamén se extendía a outras cidades como A Coruña e Ferrol, aínda que estes concellos xa dispoñían de plans propios para facilitar espazos públicos onde seguir o partido.

Respecto á situación en Santiago, o Concello recibiu unha petición informal da Deputación, á espera de confirmación oficial mediante rexistro, para proceder á instalación da pantalla. O goberno local afirmou que “seguirá os procedementos habituais para outorgar os permisos necesarios para a ocupación do espazo público”, asegurando así a colaboración institucional para o evento.

Por outra banda, varios líderes políticos reaccionaron ás redes sociais a esta decisión do consistorio municipal. O líder dos socialistas, Aitor Bouza, lamentou a decisión da alcaldesa de “privar á veciñanza compostelá de compartir un evento deportivo como é a Eurocopa”.


Por outro lado, dende a oposición, Borja Verea deu as grazas á Deputación da Coruña e a Valentín González Formoso pola instación da pantalla, quen tachou ademais a postura do BNG de “radical e triste”.

“Todos sabiamos que en Santiago hai unha alcaldesa independentista e, polo tanto, non lle gusta a Selección Española, o que non coñeciamos é que podía ser, aínda, máis radical que Bildu, que goberna en Pamplona e si vai poñer pantallas xigantes”, criticou o líder dos populares composteláns.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O PP denuncia que a Policía Local traballou con seis axentes nalgúns días do verán

O Partido Popular de Santiago denunciou a situación dos efectivos da Policía Local durante...

Sanmartín prevé asinar o novo contrato dos autobuses en setembro e poñer o servizo en marcha este outono

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, situou para finais da próxima semana ou comezos...