InicioPOLÍTICAO PP propón ao Concello de Santiago pór pantallas xigantes para seguir...

O PP propón ao Concello de Santiago pór pantallas xigantes para seguir a final da Eurocopa

O goberno local di que está "a estudar a proposta"

Publicado o

Xornal de Compostela

Ante a chegada da selección española á final da Eurocopa, o PP de Santiago solicitou ao Concello compostelán a instalación de pantallas xigantes na Praza Roxa para que a cidadanía poida seguir o encontro, programado para o vindeiro domingo ás 21,00 horas.

Así o trasladou nunha rolda de prensa celebrada este mércores o concelleiro do partido Popular de Santiago, José Ramón de la Fuente, quen considera a localización proposta como “un espazo céntrico, de fácil acceso e gran capacidade”.

“A posibilidade de ver a final nun ambiente comunitario, nun lugar público, fomentará o espírito de unión e compañeirismo entre os veciños e ofrecerá unha alternativa segura e controlado para persoas que desexen gozar do evento en compañía”, comentou o político.

Do mesmo xeito, solicitou ao BNG que se adopten todas as medidas de seguridade que se consideren necesarias e tamén a prestación de servizos sanitarios, co obxectivo de que a xornada se desenvolva con normalidade.

Por agora, o goberno local atópase “estudando a proposta”. Desta maneira o comunicou a concelleira de Festas, Pilar Lueiro, ao ser preguntada nunha roda para presentar a programación das Festas do Apóstolo.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O PP denuncia que a Policía Local traballou con seis axentes nalgúns días do verán

O Partido Popular de Santiago denunciou a situación dos efectivos da Policía Local durante...

Sanmartín prevé asinar o novo contrato dos autobuses en setembro e poñer o servizo en marcha este outono

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, situou para finais da próxima semana ou comezos...