InicioPOLÍTICAO BNG demanda medidas ante a "perda de calidade" do servizo de...

O BNG demanda medidas ante a “perda de calidade” do servizo de Correos en Santiago

Publicado o

Xornal de Compostela

O BNG rexistrou novas iniciativas para demandar ao Goberno que tome medidas ante a “perda de calidade” do servizo de Correos en Santiago de Compostela. O deputado do Bloque no Congreso, Néstor Rego, esixiu ao Executivo contratar persoal para cubrir as prazas vacantes, reforzar e mellorar o CTA de Lavacolla e dotalo de maior capacidade de tratamento postal, “un ano e medio despois de que decidisen centralizar parte do servizo en Valladolid”.

Segundo aseguraron os nacionalistas, “o recorte de medios tecnolóxicos e a falta de persoal” neste centro está a ocasionar “unha perda de calidade no servizo postal”. “Os recortes en medios xunto á endémica falta de persoal, ás baixas que non se cobren e os períodos de vacacións, están a crear moitos problemas de atrasos e atascos na repartición do correo postal”, apuntou Rego.

Así, tal e como apunta o deputado, o BNG xa advertiu de que “o traslado do centro operativo a Valladolid” sería “o inicio do progresivo desmantelamento das instalacións” do CTA de Lavacolla. “O servizo de repartición debe buscar a maior calidade e proximidade co fin de garantir a eficacia e eficiencia. Desde o punto de vista económico, racional e de efectividade, non se entenden os motivos de Correos para trasladar a clasificación postal do correo de Galicia ata Valladolid”, criticou.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

Marta Álvarez reclama ao Concello de Santiago medidas ante os incendios nun baixo de Romero Donallo

A concelleira non adscrita de Santiago de Compostela, Marta Álvarez, reclamou ao Goberno municipal...

Pedro Blanco e o Ateneo de Santiago reclaman recuperar o liderado cultural e institucional de Compostela

O candidato do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Santiago, Pedro Blanco, reuniuse coa directiva do...

Borja Verea destaca as máis de 400 vivendas públicas da Xunta en Santiago e aposta por facilitar que os mozos poidan quedar na cidade

O presidente do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, reivindicou o papel dos investimentos...