InicioPOLÍTICAO Concello aproba cinco convenios con entidades sociais por un total de...

O Concello aproba cinco convenios con entidades sociais por un total de 312.000 euros

Cruz Vermella, Cáritas Diocesana, Escola de Tempo Libre Don Bosco e o Colexio de Avogacía beneficiaranse destes acordos

Publicado o

Xornal de Compostela

A xunta de goberno local do Concello de Santiago aprobou este luns cinco convenios de colaboración con catro entidades sociais: Cruz Vermella, Cáritas Diocesana, Escola de Tempo Libre de Don Bosco e o Colexio de Avogacía de Santiago, por un importe total de 312.000 euros.

A portavoz municipal, Míriam Louzao, detallou que o consistorio local deu luz verde a dous convenios con Cruz Vermella. O primeiro deles destinará a esta entidade unha contía de 100.000 euros para continuar co desenvolvemento do programa ‘Semus Compostela’, que se encarga de cubrir as urxencias de carácter social cando os servizos sociais municipais non están operativos.

O segundo convenio con Cruz Vermella, por un valor de 85.000 euros, consiste en financiar o Plan de Atención ás Persoas sen Fogar, o que, destacou, permitirá manter os equipos de rúa que atenden ás necesidades psicosociais das persoas con maior vulnerabilidade social, así como outras actividades impulsadas pola entidade como o programa de teleasistencia domiciliaria, o programa ‘Enrédate’ para persoas maiores, o programa de axuda a domicilio complementaria e o Plan de Saúde.

En canto ao convenio con Cáritas Diocesana, que ascende a 120.000 euros, será para levar a cabo o programa de atención primaria, atendendo a persoas en risco de exclusión social e tratando de dar resposta a calquera demanda social que formulen.

Tamén se aprobou o texto do convenio coa Escola de Tempo Libre Don Bosco, dotado de 5.000 euros para apoiar o desenvolvemento do proxecto de intervención educativa e integración no tempo libre ‘Un lugar para ti’, deseñado para favorecer a conciliación nas familias, con actividades para mozas de entre catro e 17 anos.

Así mesmo, o consistorio municipal destinará 2.000 euros ao convenio co Colexio de Avogacía de Santiago para a colaboración no financiamento da quenda de profesionais da avogacía con especialización en dereito administrativo e laboral para prestar asistencia e asesoramento xurídico na vía previa administrativa e laboral mediante a constitución dun equipo específico permanente de asesoramento, orientación e coordinación.

OUTROS ACORDOS

Por outra banda, na xunta de goberno local tamén se aprobou o expediente para a realización das obras de pavimentación da rúa das Baleixas, en Marrozos, ao amparo do POS+ 2023 da Deputación.

As obras consistirán na limpeza, formación, perfilado e refino da cuneta de sección triangular ou na limpeza e acondicionamento da marxe do viario, segundo sexa o caso.

Ademais, o Goberno local declarou o dereito de Viaqua a percibir unha compensación polos maiores custos derivados da explotación da ampliación da Edar da Silvouta ordenada nunha xunta de goberno local en 2016. A cantidade a percibir por Viaqua sería de 310.937 euros.

Outro dos asuntos acordados foi a continuidade na prestación do servizo de transporte colectivo urbano de viaxeiros e a aprobación do seu orzamento para o ano 2024.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

Marta Álvarez reclama ao Concello de Santiago medidas ante os incendios nun baixo de Romero Donallo

A concelleira non adscrita de Santiago de Compostela, Marta Álvarez, reclamou ao Goberno municipal...

Pedro Blanco e o Ateneo de Santiago reclaman recuperar o liderado cultural e institucional de Compostela

O candidato do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Santiago, Pedro Blanco, reuniuse coa directiva do...

Borja Verea destaca as máis de 400 vivendas públicas da Xunta en Santiago e aposta por facilitar que os mozos poidan quedar na cidade

O presidente do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, reivindicou o papel dos investimentos...