InicioPOLÍTICAO PSOE municipal apoiará a comisión para analizar a xestión da auga,...

O PSOE municipal apoiará a comisión para analizar a xestión da auga, pero augura que o resultado será a concesión

O informe do anterior Goberno, explicou a socialista, detalla que parte das canalizacións do municipio chegaron ao final da súa vida útil e cifraba en "ao redor de 100 millóns de euros" o investimento a realizar para a renovación e ampliación da rede

Publicado o

Xornal de Compostela

A concelleira socialista Mila Castro confirmou que o PSOE compostelán apoiará a creación dunha comisión especial para o estudo do ciclo integral da auga que se someterá a votación no pleno da próxima semana do Concello de Santiago. En rolda de prensa, Castro mostrouse convencida de que o resultado dese estudo será o modelo de concesión privada que defendeu o Executivo de Sánchez Bugallo no pasado mandato. “Vai validar, porque a realidade é a que é, a posición que nós sempre mantivemos e demostrará que a señora Sanmartín equivocouse hai ano e medio cando bloqueou o novo contrato”, manifestou.

O informe do anterior Goberno, explicou a socialista, detalla que parte das canalizacións do municipio chegaron ao final da súa vida útil e cifraba en “ao redor de 100 millóns de euros” o investimento a realizar para a renovación e ampliación da rede. Por iso, defendeu que “o único necesario” sería que o executivo de Sanmartín actualizase o estudo económico aos actuais prezos de mercado para sacar a licitación un novo contrato. “O problema é que seguimos perdendo tempo e dilatando os prazos cando sabemos cal vai ser o final”, reiterou a concelleira socialista.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O PP denuncia que a Policía Local traballou con seis axentes nalgúns días do verán

O Partido Popular de Santiago denunciou a situación dos efectivos da Policía Local durante...