InicioPOLÍTICAAna Pontón destaca en Santiago a importancia de Galicia nas eleccións europeas...

Ana Pontón destaca en Santiago a importancia de Galicia nas eleccións europeas e pide unha gran mobilización

A portavoz do BNG subliña a necesidade dunha voz galega libre e sen ataduras en Bruxelas

Publicado o

Xornal de Compostela

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, reivindicou en Santiago que “Galicia se xoga moito” nas eleccións europeas que se celebrarán o 9 de xuño e subliñou a importancia de estar en Bruxelas “con voz propia, libre e sen ataduras para defender aos galegos e ás galegas”.

Así o recalcou na tradicional pegada de carteis da campaña electoral ao Parlamento Europeo, xunto á candidata, Ana Miranda, e á alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín.

Pontón trasladou que o BNG concorre á cita coas urnas o próximo 9 de xuño “coa máxima implicación e coa máxima ilusión a por o escano galego”, desde a convicción de que a candidatura do BNG é “a candidatura de país, a que todos os galegos e galegas poden sentir como propia” porque o escano nacionalista foi sempre “moito máis que o escano dunha forza política”.

“Foi o escano galego, o escano de país, e así vai seguir sendo con máis forza que nunca tras o 9 de xuño”, afirmou, antes de engadir que o BNG é “o equipo de casa, o único que vai defender as cores de Galiza desde a razón e o corazón” fronte a un PP que “mira cara a Madrid, cada vez máis centralista e máis ultra”.

Fronte a un PP de Alfonso Rueda cuxa lealdade está na rúa Xénova, co lobby eléctrico, coas súas empresas amigas e coas multinacionais que queren colocar unha bomba ambiental no corazón do rural”, a líder nacionalista situou a un BNG cuxa única lealdade é “cos galegos e coas galegas”.

Así, apelou a unha gran mobilización o 9 de xuño para reforzar o escano galego do Bloque da man de Ana Miranda que, recalcou, “servirá para defender os intereses” de Galicia en Bruxelas, pero tamén “para contribuír á construción doutra Europa posible”.

ÚLTIMAS

Francisco Narla reconstrúe en ‘Suseia’ a vida descoñecida do Mestre Mateo

O escritor Francisco Narla regresa á historia de Santiago de Compostela coa publicación de...

O Concello de Santiago contrata nove persoas para reforzar o mantemento de zonas verdes, vías e limpeza de pintadas

O Concello de Santiago incorporou nove traballadores a través do departamento de Emprego para...

Máis dun milleiro de persoas maniféstanse en Santiago para reclamar medidas fronte á crise da vivenda

Máis dun milleiro de persoas mobilizáronse este sábado en Santiago de Compostela para reclamar...

O COAG Santiago entrega no Teatro Principal os premios ‘PRÓXIMOS’ con oito obras compostelás recoñecidas

A Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia celebrou este sábado...

O PP pregunta polo futuro da naturalización da Lagoa do Auditorio tras a perda dos fondos europeos

A concelleira do Partido Popular de Santiago, Rosario Ferreiro, pediu explicacións ao goberno local...

Sanmartín reivindica as novas conexións de Lavacolla e chama a abordar a seguridade “dende o rigor”

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, puxo este venres o foco no incremento de...

O PP reclama executar o contrato de sinalización intelixente do patrimonio e Sanmartín asegura que xa está en marcha

O Partido Popular de Santiago reclamou ao goberno municipal de BNG e Compostela Aberta...