InicioPOLÍTICAGoretti Sanmartín sobre a candidatura de Pedro Blanco: “Segura de que estean...

Goretti Sanmartín sobre a candidatura de Pedro Blanco: “Segura de que estean formadas por quen estean formadas continuaremos dialogando”

En rolda de prensa este venres, a mandataria local foi preguntada por unha valoración tras coñecerse a candidatura de Blanco, ao decidir non presentarse a vicesecretaria xeral do PSOE compostelán, Marta Álvarez Santullano

Publicado o

Xornal de Compostela

A alcaldesa de Santiago e candidata do BNG para as próximas eleccións municipais, Goretti Sanmartín, indicou que cada partido “ten os seus tempos e os seus prazos”, respecto ao paso adiante do delegado do Goberno, Pedro Blanco, a encabezar a lista do PSdeG. En rolda de prensa este venres, a mandataria local foi preguntada por unha valoración tras coñecerse a candidatura de Blanco, ao decidir non presentarse a vicesecretaria xeral do PSOE compostelán, Marta Álvarez Santullano.

Respecto diso, sinalou que “respecta os procesos de cada organización” e que cada unha “ten os seus tempos e os seus prazos”. Igualmente, asegurou que “se alegra” de que concorran ás eleccións candidaturas coas que teñen “experiencia de acordo, debate e diálogo”. “Segura de que estean formadas por quen estean formadas continuaremos dialogando, falando, chegando a acordos, que é o lóxico”, salientou. Neste sentido, remarcou que desde o punto de vista do Goberno municipal “seguen centradas en traballar e en sacar adiante” os grandes retos que ten Santiago. “Sabemos que estamos nun bo camiño e imos continuar facendo ese traballo porque, insisto, queda moito para as eleccións”, concluíu.

ÚLTIMAS

A USC lanza un plan para aliviar a presión da vivenda universitaria en Santiago e Lugo

A Universidade de Santiago de Compostela presentou este venres o seu novo Plan Social...

800 usuarios afectados por cortes de luz en Santiago e Ames

Uns 800 usuarios víronse afectados esta mañá de venres por cortes da luz debido...

Desarticulado en Santiago un clan familiar que vendía droga nunha vivenda blindada con reixas e unha xanela para entregar doses

A redada antidroga levada a cabo pola Policía Nacional o pasado 15 de xullo...

Dúas gasolineiras en Santiago entre as máis baratas na AP-9 en período vacacional xunto a outra de Ferrol

A Organización de Consumidores e Usuarios (OCU) realizou un estudo sobre as gasolineiras máis...

Os non adscritos retiran a demanda contra o PSOE pola súa expulsión

Os catro concelleiros non adscritos de Santiago de Compostela --Mercedes Rosón, Gonzalo Muíños, Milagros...

Escarlata Pampín, candidata do BNG en Ames para “recuperar o impulso e o avance”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, participou este mércores na presentación de Escarlata...

Pedro Blanco ve ao PSOE de Santiago “cohesionado” para chegar á Alcaldía e promete “darlle a volta” á cidade: “Estamos ilusionados”

O candidato do PSOE á Alcaldía de Santiago, Pedro Blanco, mostrouse este martes “convencido”...