InicioPOLÍTICAPatricia Iglesias apoia a Pedro Blanco nas primarias socialistas de Santiago

Patricia Iglesias apoia a Pedro Blanco nas primarias socialistas de Santiago

A deputada autonómica do PSdeG afirma que os socialistas traballarán "todos a un tempo" para construír un proxecto que sitúe a capital galega "no seu lugar"

Publicado o

Xornal de Compostela

A deputada autonómica do PSdeG Patricia Iglesias expresou esta mañá o seu apoio ao delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, despois de que este confirmase a súa intención de concorrer ás primarias socialistas para ser candidato á Alcaldía de Santiago de Compostela.

Iglesias pronunciouse ao ser preguntada polo proceso interno aberto no PSOE para escoller os seus candidatos municipais. O delegado do Goberno deu o paso o xoves, coincidindo coa apertura do prazo habilitado pola formación, e anunciou a súa vontade de optar a encabezar a candidatura socialista na capital galega.

A parlamentaria socialista definiu a Blanco como un “moi bo candidato” e asegurou que o partido afrontará esta etapa cunha posición de unidade. “Tiraremos todos a un tempo, Santiago necesita un proxecto ilusionante”, afirmou.

Segundo indicou, ese proxecto debe contribuír a que Santiago ocupe o papel que lle corresponde como capital de Galicia e debe abordar asuntos como a vivenda, a revitalización do comercio e o impulso da actividade económica. Iglesias engadiu que os socialistas traballarán “de xeito conxunto” co obxectivo de que Pedro Blanco poida converterse no próximo alcalde da cidade.

A deputada autonómica tamén vinculou o futuro político de Santiago coa traxectoria dos gobernos socialistas no Concello. Neste sentido, sostivo que os principais avances da capital galega “sempre se deron da man de alcaldes socialistas”.

Preguntada pola posibilidade de integrarse nunha eventual candidatura encabezada por Blanco, Iglesias evitou adiantar escenarios e limitouse a trasladar que “todos os compañeiros de Santiago” contarán co seu apoio no proceso que agora se abre dentro do PSdeG.

ÚLTIMAS

A USC lanza un plan para aliviar a presión da vivenda universitaria en Santiago e Lugo

A Universidade de Santiago de Compostela presentou este venres o seu novo Plan Social...

800 usuarios afectados por cortes de luz en Santiago e Ames

Uns 800 usuarios víronse afectados esta mañá de venres por cortes da luz debido...

Desarticulado en Santiago un clan familiar que vendía droga nunha vivenda blindada con reixas e unha xanela para entregar doses

A redada antidroga levada a cabo pola Policía Nacional o pasado 15 de xullo...

Dúas gasolineiras en Santiago entre as máis baratas na AP-9 en período vacacional xunto a outra de Ferrol

A Organización de Consumidores e Usuarios (OCU) realizou un estudo sobre as gasolineiras máis...

Os non adscritos retiran a demanda contra o PSOE pola súa expulsión

Os catro concelleiros non adscritos de Santiago de Compostela --Mercedes Rosón, Gonzalo Muíños, Milagros...

Escarlata Pampín, candidata do BNG en Ames para “recuperar o impulso e o avance”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, participou este mércores na presentación de Escarlata...

Pedro Blanco ve ao PSOE de Santiago “cohesionado” para chegar á Alcaldía e promete “darlle a volta” á cidade: “Estamos ilusionados”

O candidato do PSOE á Alcaldía de Santiago, Pedro Blanco, mostrouse este martes “convencido”...