InicioPOLÍTICAPaula Prado asegura que "a única alternativa de cambio en Santiago é...

Paula Prado asegura que “a única alternativa de cambio en Santiago é Borja Verea”

A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, manifestou que "a única alternativa de cambio" en Santiago de Compostela, de face ás próximas eleccións municipais, é o candidato popular Borja Verea

Publicado o

Xornal de Compostela

A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, manifestou que “a única alternativa de cambio” en Santiago de Compostela, de face ás próximas eleccións municipais, é o candidato popular Borja Verea.

Así o manifestou, a preguntas dos xornalistas, nunha comparecencia ante os medios de comunicación e no día en que transcendeu que o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, deu un paso á fronte para ser o candidato do Partido Socialista á Alcaldía de Santiago de Compostela coa presentación da súa precandidatura no proceso de primarias aberto pola formación.

“Dá igual quen se presente por cada unha das formacións políticas, todos son o mesmo”, sinalou a dirixente popular ao ser cuestionada polo citado proceso electoral.

“Todo se reduce a Borja contra todos”, sentenciou Paula Prado para insistir en que “a única alternativa de cambio na cidade de Santiago ten un nome, Borja Verea”.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O PP denuncia que a Policía Local traballou con seis axentes nalgúns días do verán

O Partido Popular de Santiago denunciou a situación dos efectivos da Policía Local durante...

Sanmartín prevé asinar o novo contrato dos autobuses en setembro e poñer o servizo en marcha este outono

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, situou para finais da próxima semana ou comezos...