InicioPOLÍTICABesteiro adianta que os socialistas composteláns escollerán candidato este verán

Besteiro adianta que os socialistas composteláns escollerán candidato este verán

O secretario xeral do PSdeG defendeu que a capital galega viviu os seus "mellores momentos" baixo gobernos socialistas.

Publicado o

Xornal de Compostela

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou este xoves que Santiago de Compostela “merece máis” e anunciou que o partido activará no segundo semestre deste ano o proceso para elixir a candidatura de face ás eleccións municipais de 2027. En declaracións aos medios durante a festividade da Ascensión, Besteiro defendeu que a capital galega viviu os seus “mellores momentos” baixo gobernos socialistas, destacando o protagonismo económico e cultural da cidade, así como o seu papel como “exemplo” na prestación de servizos públicos.

“O que nos obsesiona é devolverlle a Compostela o seu peso e a súa forza”, aseverou o líder dos socialistas galegos. Ao ser preguntado polos posibles candidatos á alcaldía de Santiago nos próximos comicios locais, Besteiro evitou adiantar nomes, subliñando que serán os socialistas composteláns quen decidan quen encabeza a lista. Neste sentido, insistiu en que, no momento actual, “o importante non é o nome, senón o proxecto”. O dirixente socialista situou na segunda metade do ano o inicio dos mecanismos internos para a elección de candidatos.

ÚLTIMAS

Feijóo participará en Santiago na presentación dos candidatos do PP ás municipais de 2027

O presidente do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo, participará o vindeiro sábado 18 de...

A SD Compostela renova a continuidade de Pablo Crespo e Adrián Armental para competir en Segunda Federación

A SD Compostela continúa a configurar o cadro de xogadores co que afrontará o...

Dolores Vilavedra toma posesión como presidenta do Consello da Cultura Galega e marca como reto reforzar os dereitos culturais

Dolores Vilavedra tomou posesión este venres como nova presidenta do Consello da Cultura Galega...

Sanmartín celebra o avance do aparcadoiro do CHUS e pide á Xunta “máxima celeridade” para executar a obra

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, valorou este venres como unha "moi boa noticia"...

Feijóo participará en Santiago na presentación dos candidatos do PP ás municipais de 2027

O presidente do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo, participará o vindeiro sábado 18 de...

Sanmartín celebra o avance do aparcadoiro do CHUS e pide á Xunta “máxima celeridade” para executar a obra

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, valorou este venres como unha "moi boa noticia"...

O PP reclama un plan urxente para mellorar os accesos e a contorna do Multiusos Fontes do Sar

O concelleiro do Partido Popular de Santiago, José Ramón de la Fuente, reclamou ao...