InicioPOLÍTICASantiago emitiu xa cen certificados de vulnerabilidade para avanzar na regularización de...

Santiago emitiu xa cen certificados de vulnerabilidade para avanzar na regularización de persoas migrantes

A tenente de alcaldesa de Santiago, María Rozas, destacou que xa se emitiron un centenar de certificados de vulnerabilidade, un documento fundamental para a regularización de persoas migrantes.

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago xa expediu arredor dun cento de certificados de vulnerabilidade, un documento clave dentro do proceso extraordinario de regularización de persoas migrantes, segundo avanzou este martes a tenente de alcaldesa, María Rozas, durante a rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno.

A responsable municipal sinalou que o procedemento na capital galega está a desenvolverse de maneira “moi acertada e ordenada”, despois de que a administración local decidise reforzar a unidade encargada de tramitar estes certificados para responder á demanda existente e garantir o cumprimento dos prazos establecidos pola normativa.

Rozas explicou que un dos principais retos detectados nas primeiras fases foi o descoñecemento entre a poboación afectada sobre a necesidade deste documento dentro do proceso de regularización. Por este motivo, o Concello puxo o foco na difusión de información e no acompañamento administrativo para facilitar o acceso ao procedemento.

A tenente de alcaldesa destacou tamén a coordinación entre diferentes áreas municipais para atender esta medida, subliñando a “implicación moi importante” de varios departamentos na xestión dunha ferramenta que considera esencial para dar resposta á situación de moitas persoas migrantes.

Desde o goberno local insisten en que esta regularización era unha demanda necesaria e largamente agardada. “Cremos que esta regularización era moi necesaria, moi importante, chega tarde, pero o importante é que chega”, afirmou Rozas.

Segundo as estimacións manexadas polo executivo compostelán, esta medida podería beneficiar a unhas 500 persoas na comarca de Santiago, unha cifra que sitúa a cidade como un dos puntos galegos con maior impacto deste proceso.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O PP denuncia que a Policía Local traballou con seis axentes nalgúns días do verán

O Partido Popular de Santiago denunciou a situación dos efectivos da Policía Local durante...

Sanmartín prevé asinar o novo contrato dos autobuses en setembro e poñer o servizo en marcha este outono

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, situou para finais da próxima semana ou comezos...