InicioPOLÍTICAO Concello aproba o pago de case 42.000 euros pola defensa xurídica...

O Concello aproba o pago de case 42.000 euros pola defensa xurídica de Ángel Currás na peza da Operación ‘Pokémon’ arquivada

O executivo local deu luz verde por urxencia ao abono dos gastos legais do exalcalde popular correspondentes ao proceso xudicial aberto entre 2012 e 2014 pola contratación da escola infantil de Salgueiriños

Publicado o

Xornal de Compostela

A Xunta de Goberno Local de Santiago de Compostela aprobou este luns por vía de urxencia o pagamento de preto de 42.000 euros destinados a cubrir os gastos de representación e defensa xurídica do exalcalde popular Ángel Currás no marco da peza da Operación ‘Pokémon’ na que estivo investigado e que rematou finalmente arquivada.

A portavoz municipal, Míriam Louzao, foi a encargada de informar desta decisión na comparecencia posterior á reunión do executivo local, na que detallou que o acordo afecta aos custos derivados da defensa legal de Currás entre os anos 2012 e 2014, período no que o exrexedor compostelán se viu implicado na investigación xudicial.

A coñecida como Operación ‘Pokémon’ arrancou en setembro de 2012 e converteuse nunha das maiores investigacións por presunta corrupción política desenvolvidas en Galicia, con ramificacións en varios concellos. A causa xirou arredor do grupo empresarial Vendex, con sede en Madrid, e das sospeitas sobre unha suposta rede de tráfico de influencias, branqueo de capitais e presuntas contraprestacións a cargos públicos a cambio de concesións administrativas.

No caso de Santiago, a xuíza instrutora Pilar de Lara imputou a Currás en 2013 por un presunto delito de tráfico de influencias relacionado coa contratación de persoal para a escola infantil municipal de Salgueiriños, cuxa xestión fora adxudicada a Sermasa, empresa vinculada ao Grupo Vendex.

Aquela imputación produciuse nun contexto de forte presión política e institucional, e un ano máis tarde, en 2014, Currás presentou a súa dimisión como alcalde de Santiago.

Porén, tras máis dunha década de percorrido xudicial, o Xulgado de Instrución número 2 de Santiago decretou en setembro de 2023 o sobresemento provisional e arquivo desta peza, ao igual que ocorreu con outras derivadas da macrocausa, moitas delas pechadas sen chegar a xuízo.

ÚLTIMAS

Ernest Urtasun reivindica os investimentos culturais en Galicia e carga contra Feijóo e o PSOE

O candidato de Fronte Ampla, Paulo Carlos López, anunciou este luns en Santiago de...

Santiago multiplica os visados para construír vivendas: un crecemento do 405 % en nove meses

O visado de novas vivendas para construír en Santiago de Compostela disparouse un 405...

Santiago queda sen oito novas rutas aéreas a só dúas semanas da súa estrea: Flyyo non operará os voos comercializados por Fly2Galicia

A turoperadora Fly2Galicia anunciou a contratación da aeroliña portuguesa White Airways para operar, a...

Santiago pecha os parques municipais dende as 14:00 polo aviso amarelo por vento

Os parques municipais de Santiago de Compostela quedan pechados desde as 14:00 deste luns...

Ernest Urtasun reivindica os investimentos culturais en Galicia e carga contra Feijóo e o PSOE

O candidato de Fronte Ampla, Paulo Carlos López, anunciou este luns en Santiago de...

O PSdeG traslada ao venres 20 de novembro o mitin de Pedro Sánchez en Santiago

O presidente do Goberno e candidato socialista, Pedro Sánchez, participará o venres 20 de...

A Plataforma Cidadá por un Senado de Progreso chama a concentrar o voto da esquerda á Cámara Alta

A Plataforma Cidadá por un Senado de Progreso presentou en rolda de prensa un...