InicioPOLÍTICARomán Rodríguez cualifica de "mazazo" a perda dos Ramón e Cajal na...

Román Rodríguez cualifica de “mazazo” a perda dos Ramón e Cajal na USC e insta a negociar co Ministerio

O conselleiro de Educación ve unha "neglixencia administrativa" no fallo da universidade compostelá e ofrece o apoio da Xunta para intentar recuperar as prazas perdidas

Publicado o

Xornal de Compostela

A perda das bolsas Ramón e Cajal por parte da Universidade de Santiago de Compostela (USC) supón, segundo o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, un “mazazo” para o sistema galego de I+D+i, ao considerar que deixa fóra investigadores de alto nivel por mor dun erro na tramitación administrativa das solicitudes.

Durante un acto celebrado este xoves, o titular de Educación cualificou a situación como un “golpe moi duro” para Galicia, ao lembrar que estes contratos postdoutorais representan unha das principais vías de captación de talento científico. Rodríguez advertiu de que a consecuencia desta situación é a perda de profesionais “tremendamente competitivos” con capacidade para fortalecer o tecido investigador e a futura carreira académica.

“É un mazazo, sobre todo se se ve que é por unha neglixencia na tramitación administrativa”, afirmou o conselleiro, quen incidiu en que destes programas xorden proxectos científicos e tamén futuros docentes universitarios. Neste contexto, apelou á USC a “negociar o máximo posible” co Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades para tentar reconducir a situación.

Rodríguez expresou o respaldo da Xunta á institución académica compostelá para buscar unha solución, aínda que subliñou que a capacidade de flexibilización dependerá en última instancia do Goberno central. “O ministerio pode recoñecer unha certa flexibilidade, unha situación excepcional ou un marco no cal se pode recuperar algo”, sinalou.

O conselleiro lembrou que Galicia estaba a rexistrar bos resultados na captación destes investigadores e destacou que a USC situárase entre as universidades con mellores cifras do Estado neste ámbito. Ao mesmo tempo, evitou entrar nas dinámicas internas da universidade, apelando á súa autonomía, pero remarcou que tamén debe asumir responsabilidades cando se producen erros e traballar para emendalos.

CRÍTICAS Á FOLGA EDUCATIVA

Na mesma comparecencia, Román Rodríguez tamén se pronunciou sobre a folga no ensino, vinculando a convocatoria coa CIG e coa súa contorna política e ideolóxica. O conselleiro sostivo que existe unha estratexia de conflito impulsada por organizacións vinculadas ao nacionalismo, asegurando que responde a unha orientación política definida.

ÚLTIMAS

Os CEIP e escolas unitarias de Santiago abren o curso con 4.299 escolares

O curso escolar comezou este mércores en Santiago con 4.299 nenos e nenas matriculados...

A USC dá por controlada a situación no San Clemente e agarda unha avaliación técnica para decidir as obras

A Universidade de Santiago de Compostela considera controlada a situación no Colexio Maior San Clemente...

Sanmartín evita entrar nas críticas de Pedro Blanco e pídelle que facilite a chegada directa de fondos de vivenda a Santiago

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, evitou este mércores entrar nun intercambio de declaracións...

A USC asegura o Colexio Maior San Clemente tras desprenderse parte da cornixa e da cuberta

A Universidade de Santiago de Compostela iniciou actuacións de urxencia no Colexio Maior San Clemente,...

Sanmartín evita entrar nas críticas de Pedro Blanco e pídelle que facilite a chegada directa de fondos de vivenda a Santiago

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, evitou este mércores entrar nun intercambio de declaracións...

O Concello reclama cambios no PIA de Lavacolla e cuestiona que permita estender o uso comercial por todo o parque empresarial

O Concello de Santiago presentou alegacións ao proxecto de interese autonómico (PIA) do parque...

Pedro Blanco preséntase como o candidato “valente” do PSdeG para Compostela

O candidato á Alcaldía de Santiago, Pedro Blanco, avogou por un cambio en Santiago...