InicioPOLÍTICAA nova proposta da parcela do Peleteiro incrementará o 20 % de...

A nova proposta da parcela do Peleteiro incrementará o 20 % de vivenda protexida prevista nas anteriores

Tras manter un encontro o pasado venres co ministro de Economía, Carlos Cuerpo, a rexedora compostelá manifestou este luns en rolda de prensa que atopou "boa receptividade" por parte do representante do Executivo central, apostando "pola vivenda e por propor un cambio de usos para o ámbito de Peleteiro".

Publicado o

Xornal de Compostela

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, avanzou que a nova proposta para a parcela de Peleteiro incrementará o 20 % de vivenda protexida que se barallaba en anteriores formulacións e lembrou que na licenza solicitada nestes momentos “non hai ningunha”. Tras manter un encontro o pasado venres co ministro de Economía, Carlos Cuerpo, a rexedora compostelá manifestou este luns en rolda de prensa que atopou “boa receptividade” por parte do representante do Executivo central, apostando “pola vivenda e por propor que houbese un cambio de usos para o ámbito de Peleteiro”.

O acordo, detallou, sinala que “a partir de agora vai haber reunións técnicas para fixar cal pode ser ese cambio no plan necesario”, pero inclúe “unha idea clara”: “Reducir o uso comercial e favorecer ese cambio de uso comercial por uso residencial, e onde, de maneira moi clara, poténciese a vivenda protexida”. Todo iso, coa condición de “non reducir a edificabilidade”. “Cando teñamos unha proposta onde encaixe este cambio de usos, que entendemos que é moi favorecedor, convocaremos a comisión de Peleteiro e daremos conta tanto ás asociacións de comerciantes, veciñais como aos diferentes grupos políticos da posibilidade de alternativa que teñamos encima da mesa”, relatou.

Sobre prazos, Sanmartín esgrimiu que o ditaminará o que se poida facer desde o punto de vista técnico, aínda que se comprometeu a “apurar todo o máximo posible”. “Antes de nada temos que ter unha proposta técnica que aprobar. A partir de aí, todo o proceso pódese facer en poucos meses, pero o fundamental é ter canto antes unha proposta técnica”, subliñou.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O PP denuncia que a Policía Local traballou con seis axentes nalgúns días do verán

O Partido Popular de Santiago denunciou a situación dos efectivos da Policía Local durante...

Sanmartín prevé asinar o novo contrato dos autobuses en setembro e poñer o servizo en marcha este outono

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, situou para finais da próxima semana ou comezos...