InicioPOLÍTICAO PP celebra o apoio do Pleno para a reincorporación do voluntariado...

O PP celebra o apoio do Pleno para a reincorporación do voluntariado en Bando

Os populares denuncian decisións unilaterais da presidencia do Padroado e reclaman explicacións pola ocultación dun procedemento de adopción

Publicado o

Xornal de Compostela

O Partido Popular de Santiago celebrou que conseguiu no Pleno municipal o compromiso do goberno local, formado por BNG e CA, para a reincorporación do voluntariado do Refuxio de Animais de Bando, despois de que este fose apartado das instalacións tras un cambio de pechaduras que, segundo os populares, se realizou de maneira unilateral e sen coñecemento do Padroado da fundación que xestiona o centro.

O concelleiro do PP Adrián Villa sinalou durante a sesión plenaria que o executivo local deberá tamén dar explicacións sobre a ocultación dun procedemento de adopción iniciado por unha asociación animalista integrada no Padroado para un can que finalmente foi sacrificado hai unhas semanas. Segundo indicou, este procedemento contaba con posibilidade legal e informes favorables.

Villa fixo fincapé en que o goberno municipal debe asumir as súas responsabilidades no marco do Padroado, presidido pola alcaldesa Goretti Sanmartín, lembrando que as decisións deben adoptarse de maneira colexiada. O edil explicou que a presidencia ten a obriga de convocar as reunións, informar aos seus membros, someter as propostas á súa aprobación e executar os acordos adoptados pola maioría dos patróns.

Desde o grupo popular aseguran que nos últimos meses se tomaron decisións que non foron nin consultadas nin comunicadas ao Padroado, o que, ao seu xuízo, supón un incumprimento dos Estatutos da Fundación. Entre elas, mencionan tanto a falta de información sobre o proceso de adopción como o cambio de pechaduras das instalacións do Refuxio de Animais de Bando, que deixou ao voluntariado sen acceso ao recinto.

O concelleiro popular cualificou esta medida como unha actuación sen previo aviso que supuxo, na práctica, a expulsión das persoas voluntarias, nun contexto marcado polas denuncias públicas sobre o estado das instalacións. Ademais, lembrou que no Padroado están representadas outras forzas políticas, asociacións de protección animal e concellos que contribúen economicamente ao mantemento do refuxio, e que se viron afectados por decisións das que non tiveron coñecemento previo.

O PP mantén que leva tempo advertindo dunha “situación crítica” tanto para os animais como para as instalacións e o persoal do centro. Segundo Villa, o goberno local non considerou prioritaria esta problemática nin adoptou medidas para previr o escenario actual.

Finalmente, o edil popular asegurou que, desde o inicio do mandato, o executivo municipal “non liderou cambios” no funcionamento do Padroado nin impulsou a execución de acordos aprobados previamente no Pleno, polo que reclamou unha xestión máis transparente e coordinada no ámbito do benestar animal en Santiago de Compostela.

ÚLTIMAS

Artesanía, tradición e maxia: Estes son os beléns que podemos visitar en Compostela durante este Nadal

A cidade de Santiago de Compostela volve converterse este Nadal nun escaparate de belenismo,...

O Concello reabre o procedemento para pedir a declaración de Santiago como zona de mercado residencial tensionado

O Concello de Santiago retomará o procedemento para solicitar á Xunta de Galicia a...

Marta Abal acusa ao goberno municipal de atrasar o pagamento das nóminas do persoal do Concello

A concelleira do grupo municipal socialista, Marta Abal, denunciou este luns a situación xerada...

CC.OO. e UGT felicítanse porque Compostela terá “a primeira relación de postos de traballo da súa historia”

Policías locais e bombeiros ratificaron o borrador de pacto negociado nas últimas semanas co...

Marta Abal acusa ao goberno municipal de atrasar o pagamento das nóminas do persoal do Concello

A concelleira do grupo municipal socialista, Marta Abal, denunciou este luns a situación xerada...

Bouza reclama solucións inmediatas ao colapso do parquing do CHUS

O secretario xeral dos socialistas de Santiago, Aitor Bouza, fixo unha valoración negativa da...

O PP denuncia a “expulsión unilateral” de voluntarios do Refuxio de Bando e forza un compromiso no Pleno

O Partido Popular de Santiago celebrou que no último Pleno municipal se acadase o...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here