InicioPOLÍTICAO PP de Santiago denuncia problemas de iluminación en instalacións deportivas municipais

O PP de Santiago denuncia problemas de iluminación en instalacións deportivas municipais

Os populares aseguran que a falta de luz en campos de fútbol e pavillóns está a condicionar adestramentos e partidos de clubs da cidade

Publicado o

Xornal de Compostela

O Partido Popular de Santiago denunciou a existencia de deficiencias na iluminación de varias instalacións deportivas municipais, unha situación que, segundo a formación, está a afectar ao normal desenvolvemento da actividade de distintos clubs da cidade. A denuncia foi realizada polo concelleiro popular José Ramón de la Fuente, quen advertiu de que o problema se prolonga desde hai meses sen que se adoptasen solucións efectivas.

Segundo explicou o edil, os populares trasladaron reiteradamente aos servizos municipais a presenza de luminarias avariadas e tamén a insuficiencia da potencia de luz nalgúns recintos deportivos. Ao seu xuízo, estas carencias impiden que os equipos poidan adestrar e disputar partidos con normalidade, especialmente nos meses de inverno, cando anoitece antes.

De la Fuente sinalou como exemplos dalgunhas das instalacións afectadas o campo de fútbol de Conxo, o de Santa Isabel e os pavillóns Lorenzo de la Torre, Restollal e Quiroga Palacios, nos que, segundo indicou, existen problemas recorrentes relacionados coa iluminación. Entre eles, destacou especialmente a situación do campo de Conxo, que cualificou como a máis grave.

“O caso máis preocupante é o de Conxo, onde o campo de céspede artificial leva meses con sete focos avariados e o de herba natural conta cun único foco para iluminar toda a superficie, algo claramente insuficiente”, afirmou o concelleiro popular. Esta situación, engadiu, vese agravada polo incremento do número de equipos que empregan esta instalación.

Segundo explicou, ao campo de Conxo foron derivados, entre outros, os equipos do Compañía de María mentres se desenvolven as obras no campo de Belvís. Neste contexto, De la Fuente denunciou que os rapaces están a adestrar no campo de herba natural, cunha iluminación moi limitada, nunha época do ano na que “ás 18:00 xa é noite”, o que reduce notablemente o tempo dispoñible para os adestramentos.

O concelleiro do PP tamén criticou a xestión do goberno local, formado por BNG e CA, ao considerar que non se planificaron a tempo as intervencións necesarias no campo de Belvís. Segundo indicou, estas obras deberían terse executado durante o verán para evitar prexuízos á actividade deportiva habitual dos clubs.

Ademais, De la Fuente puxo o foco no contrato de mantemento das instalacións eléctricas municipais. Ao seu entender, non se estaría a realizar un seguimento axeitado do mesmo, xa que non se cumpriría o número mínimo de efectivos recollido nos propios pregos do contrato, fixado en catro traballadores.

Ante esta situación, o Partido Popular de Santiago reclamou ao goberno municipal unha revisión xeral das instalacións deportivas da cidade, a substitución das luminarias avariadas e a mellora da potencia luminosa naqueles recintos onde resulte insuficiente. O obxectivo, segundo subliñaron, é garantir que os clubs poidan desenvolver con normalidade os seus adestramentos e competicións ao longo de todo o ano.

ÚLTIMAS

Unha estudante da USC denuncia acoso transfóbico en redes tras participar nun vídeo polo 25N

Unha estudante da USC denunciou nos últimos días unha situación de acoso e insultos...

Principio de acordo entre sindicatos de Bombeiros e Policía de Santiago co Concello sobre condicións laborais

Sindicatos de Bombeiros e Policía Local de Santiago chegaron a un principio de acordo...

Rosa Crujeiras presenta o seu programa para a reitoría da USC cunha proposta centrada en “coidar das persoas e do propio”

A catedrática de Matemáticas e candidata á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela,...

Os tribunais descartan estafa nun curso de corte e confección sen titulación oficial en Ames

A sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago, absolveu ao...

O PSOE de Santiago presenta unha proposición ao Pleno para reclamar actuacións urxentes no CEIP de Educación Especial A Barcia

O Grupo Municipal Socialista de Santiago de Compostela presentou unha proposición ao Pleno municipal...

O PP pide separar no Pleno as facturas pendentes como pediron tamén os non adscritos

O portavoz do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, defendeu levar ao Pleno municipal...

O Grupo Municipal Socialista denuncia atrasos do goberno local en trámites clave do centro biotecnolóxico da Sionlla

O Grupo Municipal Socialista de Santiago denunciou a “inacción e a lentitude inxustificable” do...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here