InicioPOLÍTICAVerea pide unha vez máis a dimisión de Sanmartín tras denunciar a...

Verea pide unha vez máis a dimisión de Sanmartín tras denunciar a “inoperatividade” do parque de bombeiros

O portavoz popular acusa o executivo local de manter a cidade nunha “situación límite” e cuestiona o expediente das horas extra que irá a Pleno este venres

Publicado o

Xornal de Compostela

O portavoz do PP en Santiago, Borja Verea, volveu este luns a cargar contra o executivo municipal ao considerar que a cidade atravesa unha situación “crítica” en varios ámbitos da xestión local. Tras reunir ao Comité Executivo da formación, o líder popular sostivo que o episodio vivido o pasado sábado —un incendio nunha vivenda de Pontepedriña que deixou dúas persoas feridas— evidenciou que o parque de bombeiros estivo “inoperativo” por primeira vez na historia da capital galega, algo que cualificou como “razón suficiente” para que a alcaldesa, Goretti Sanmartín, abandone o cargo.

Segundo explicou, o suceso “podería ter acabado en perda de vidas humanas”, polo que atribuíu ao Goberno local unha falta de capacidade para garantir a seguridade cidadá. Verea afirmou que o executivo formado por BNG e Compostela Aberta, e sustentado polo PSOE, mantén a cidade “nunha situación límite en todos os departamentos”. “Que máis ten que pasar?”, preguntou durante a súa intervención, na que acusou a alcaldesa de “pór en risco a vida dos santiagueses”.

O dirixente popular defendeu que o grupo municipal xa trasladou ao Goberno local que é posible contratar máis persoal policial e do servizo de extinción, e que mesmo a CIG lles deu “a razón” nesa interpretación. Verea vinculou esta crise ao “mal funcionamento” doutros servizos municipais, como os centros socioculturais ou a limpeza viaria, que tamén situou como exemplos do que considera un deterioro na prestación dos servizos públicos.

Outro dos puntos sinalados polo PP é o expediente que irá ao Pleno extraordinario deste venres para aboar máis de 2 millóns de euros en horas extra acumuladas por bombeiros e policías locais. Verea sostivo que ese pagamento é “ilegal” e unha “completa chapuza”, e animou a consultar os informes técnicos porque, ao seu xuízo, “son o mellor retrato dun goberno que non sabe o que é xestionar”.

O portavoz concluíu pedindo a dimisión “inmediata” da rexedora e asegurou que, se o Goberno local solicita apoio, o PP está disposto a ofrecelo. Aínda así, insistiu en que a responsabilidade última da situación recae na alcaldesa: “En calquera administración, presentar un pago de horas extra con todas esas ilegalidades acumuladas sería motivo para asumir responsabilidades, pero sabemos que non o van facer”.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O PP denuncia que a Policía Local traballou con seis axentes nalgúns días do verán

O Partido Popular de Santiago denunciou a situación dos efectivos da Policía Local durante...

Sanmartín prevé asinar o novo contrato dos autobuses en setembro e poñer o servizo en marcha este outono

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, situou para finais da próxima semana ou comezos...