InicioPOLÍTICAA alcaldesa reivindica os avances na reposición de persoal en Policía e...

A alcaldesa reivindica os avances na reposición de persoal en Policía e Bombeiros

A rexedora acusa ao PP de “demagoxia” e lembra o custo dos seus asesores

Publicado o

Xornal de Compostela

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, avanzou que o Concello celebrará a próxima semana un pleno extraordinario para abordar o pago das horas extra pendentes de bombeiros e policías. Explicou que as reivindicacións destes colectivos derivan principalmente da falta de persoal e que o Goberno local está a analizar as propostas e o seu impacto económico antes de retomar o diálogo cos sindicatos, coa intención de alcanzar un acordo “nas próximas semanas”. As demandas inclúen a actualización do importe das horas extraordinarias e dos complementos de nocturnidade e festividade, aspectos que requieren unha análise interna detallada. A rexedora garantiu que se procederá ao pago inmediato das horas xa debidas mentres se avalían o resto das peticións.

Sanmartín respondeu tamén ás críticas do portavoz popular, Borja Verea, quen sostivo que suprimir asesores permitiría financiar en 24 horas as demandas de policías e bombeiros. A alcaldesa replicou que o persoal eventual traballa intensamente para corrixir problemas arrastrados durante anos e lembrou que o grupo municipal do PP custa “uns 700.000 euros”, polo que retou a Verea a ceder esa contía se realmente quere contribuír. “Xa está ben de demagoxia”, afirmou.

O popular contestou despois asegurando que o PP ten catro asesores para once edís, e desafiou a alcaldesa a renunciar aos seus quince se el fai o propio cos seus. Preguntada polas críticas do PSOE, que acusou o Goberno local de non facer os deberes, Sanmartín defendeu que si se está a actuar: incorporáronse nove novos axentes, están previstas seis prazas máis e convocaranse postos de bombeiros. Reivindicou que o executivo chegou ao máximo da taxa de reposición e que o incremento do persoal “xa está a dar froitos”.

VEREA DESAFÍA Á ALCALDESA A PRESCINDIR DOS SEUS ASESORES

O voceiro popular Borja Verea replicou ás críticas da rexedora lembrando que “o Partido Popular de Santiago, con oito concelleiros, tiña cinco asesores, e hoxe, con once edís, conta con catro, un menos”. Sinalou que non ten inconveniente en prescindir deste persoal e lanzou un desafío directo ao Goberno local: “Se mañá a alcaldesa asina o cese dos seus 15 asesores e dos seus 10 altos cargos con salarios de 75.000 euros, eu renuncio aos meus 4 asesores. Fico á espera”.

ÚLTIMAS

O persoal do comercio de alimentación maniféstase en Santiago para reclamar melloras laborais e salariais

As rúas de Santiago acolleron este sábado unha manifestación de traballadores e traballadoras do...

Sanmartín acusa a Xunta de obstaculizar a zona tensionada e reclama máis datos para avaliar os seus efectos

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, cuestionou este venres a actuación da...

A alcaldesa lamenta a morte de Beiras e chama a divulgar o seu legado entre as novas xeracións

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, expresou este venres o seu pesar...

Mercedes Rosón e as non adscritas apoian a oposición veciñal ao parque empresarial de Lavacolla

As concelleiras e o concelleiro non adscritos do Concello de Santiago, Mercedes Rosón, Mila...

Sanmartín acusa a Xunta de obstaculizar a zona tensionada e reclama máis datos para avaliar os seus efectos

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, cuestionou este venres a actuación da...

A alcaldesa lamenta a morte de Beiras e chama a divulgar o seu legado entre as novas xeracións

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, expresou este venres o seu pesar...

Mercedes Rosón e as non adscritas apoian a oposición veciñal ao parque empresarial de Lavacolla

As concelleiras e o concelleiro non adscritos do Concello de Santiago, Mercedes Rosón, Mila...