InicioPOLÍTICAO PP comprométese a apoiar o pago das horas extra de Bombeiros...

O PP comprométese a apoiar o pago das horas extra de Bombeiros e Policía se “cumpren os criterios de legalidade”

Borja Verea critica a “neglixencia” do Goberno local e alerta de que a falta de persoal “pon en risco a vida dos santiagueses”

Publicado o

Xornal de Compostela

O portavoz do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, anunciou este xoves que a súa formación votará a favor do pago das horas extra realizadas por Bombeiros e Policía Local durante o último ano, sempre que o expediente “cumpra os criterios de legalidade”. O asunto está previsto para o pleno de novembro, no que se someterá a aprobación o abono destas cantidades acumuladas.

“Todo o que sexa pagarlle as nóminas a funcionarios que fixeron ese esforzo de horas extras non obrigatorias e que non as están cobrando, vai ter por parte do PP todo o apoio, e todo o que sexa para facilitar o pago; loxicamente, sempre que cumpra os criterios de legalidade”, afirmou Verea ante os medios.

A situación afecta especialmente ao parque comarcal de Bombeiros, que leva meses con falta de efectivos e sen cobrar as horas extra acumuladas, o que levou ao persoal a negarse a seguir realizándoas mentres non se resolva o conflito. Tamén a Policía Local se atopa nun contexto similar, á espera de que o Concello e os sindicatos pechen un acordo sobre reforzos e compensacións económicas.

O grupo socialista municipal xa avanzara este mércores que tamén respaldará o pago das horas extra, pero “sempre que os expedientes veñan completos e cos informes preceptivos”.

Verea, pola súa banda, responsabilizou ao Goberno local de BNG e Compostela Aberta de “non ter actuado a tempo” para evitar esta situación, que cualificou de “neglixencia e irresponsabilidade”. Segundo o portavoz popular, a falta de persoal operativo “está a pór en risco a vida dos santiagueses”.

“Ter o parque inoperativo significa que, ante unha emerxencia, o tempo de reacción amplíase. Se teñen que vir de Boiro, Ordes ou Brión, tardan en chegar”, advertiu, engadindo que “unha diferenza de cinco, dez ou vinte minutos salva vidas”.

O PP compostelán reclama así que o executivo municipal acelere as negociacións cos sindicatos e adopte medidas “urxentes” para recuperar a operatividade dos servizos de emerxencias. “Que fixeron nestes dous anos e medio?”, cuestionou Verea, insistindo en que a prioridade debe ser garantir a seguridade cidadá e resolver o pago pendente ao persoal municipal.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

Marta Álvarez reclama ao Concello de Santiago medidas ante os incendios nun baixo de Romero Donallo

A concelleira non adscrita de Santiago de Compostela, Marta Álvarez, reclamou ao Goberno municipal...

Pedro Blanco e o Ateneo de Santiago reclaman recuperar o liderado cultural e institucional de Compostela

O candidato do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Santiago, Pedro Blanco, reuniuse coa directiva do...

Borja Verea destaca as máis de 400 vivendas públicas da Xunta en Santiago e aposta por facilitar que os mozos poidan quedar na cidade

O presidente do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, reivindicou o papel dos investimentos...