InicioPOLÍTICAGuinarte acusa o goberno local de "inacción" ante a falta de monitores...

Guinarte acusa o goberno local de “inacción” ante a falta de monitores nos centros socioculturais

O PSdeG reclama unha solución urxente ás cancelacións de actividades, especialmente nas parroquias rurais

Publicado o

Xornal de Compostela

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Gumersindo Guinarte, denunciou a “falta de resposta e inacción” do Goberno local de Santiago ante a “ausencia de monitores e a cancelación de actividades” nos centros socioculturais municipais.

Segundo explicou o PSdeG nun comunicado, os usuarios destes espazos veñen trasladando desde hai meses as súas queixas pola redución e suspensión de actividades debido á falta de persoal. “A pesar das reiteradas advertencias, nada se moveu desde o Goberno local para dar unha solución definitiva”, indicou Guinarte.

O socialista sinalou que a problemática é especialmente grave nas parroquias rurais, onde “en moitos casos se cancelou por completo a programación dos centros socioculturais”. Para Guinarte, esta situación deriva do “incumprimento dos orzamentos por parte da empresa concesionaria do lote de animación sociocultural”, un conflito que, segundo lembrou, “non é novo e repítese desde hai meses”.

Ante esta situación, o portavoz do PSdeG instou ao executivo municipal a “actuar con urxencia” para garantir tanto o funcionamento normal dos centros como os dereitos laborais do persoal afectado.

ÚLTIMAS

Santiago de Compostela dará inicio a unha Volta Ciclista España 2027 que arrincará en setembro

A próxima edición 2027 da Vuelta Ciclista a España sairá de Galicia, concretamente da...

Falece o exconcelleiro socialista Carlos Nieves mentres se bañaba nunha praia do Grove

Carlos Nieves, concelleiro socialista do Concello de Santiago desde 1987 ata 2011, con algunhas...

A USC contará cunha Cátedra de Memoria Democrática da man do Ministerio de Política Territorial e Memoria

O secretario de Estado de Memoria Democrática, Fernando Martínez, e a reitora da Universidade...

O PP reúne nove medidas para as familias que incorporará ao seu proxecto para Santiago

O Partido Popular de Santiago reuniu, coincidindo co inicio do curso escolar, nove propostas...

O PP reúne nove medidas para as familias que incorporará ao seu proxecto para Santiago

O Partido Popular de Santiago reuniu, coincidindo co inicio do curso escolar, nove propostas...

Verea reclama explicacións ao Goberno local ante a posible existencia de quendas con só seis policías

O Partido Popular de Santiago reclamou ao Goberno municipal que aclare se durante os...

Sanmartín reclama á Xunta que transfira a Santiago os fondos estatais destinados ás zonas tensionadas

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, reclamou este venres que os fondos que o...