InicioPOLÍTICAA Xunta insiste nas "carencias do informe" para denegar a zona tensionada...

A Xunta insiste nas “carencias do informe” para denegar a zona tensionada de vivenda en Compostela

O orzamento do IGVS sobe un 22% en 2026, ata 269 millóns

Publicado o

Xornal de Compostela

O director do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), Heriberto García Porto, xustificou denegar a Santiago a solicitude de zona tensionada de vivenda polas “carencias” do seu informe. Nunha comparecencia parlamentaria esta tarde de venres, na que reiterou as cifras de orzamentos do seu departamento xa avanzadas pola conselleira de Vivenda tamén na Cámara esta semana, García contrapuxo a solicitude de Santiago coa da Coruña, que se concedeu “sen ningún tipo de problema cando se presentou”.

“É máis, brindámonos varias veces, antes de facer o desestimiento da súa solicitude, a ter reunións técnicas con eles (con Santiago) que nin contestaron, por tanto, non quedou máis remedio que facer o desestimiento”, afirmou. En cambio, Alexandra Fernández (BNG) acusou á Xunta de “paralizar” esta declaración de mercado tensionado, do mesmo xeito que non fan “nada” para “frear” os pisos turísticos ou a vivenda “especulativa”.

AUMENTO DO 22% DO ORZAMENTO DO IGVS

De tal forma, o orzamento do IGVS será de 269,2 millóns para 2026, un 22% máis. García destaca que o 62,5% do total provén de fondos propios. Así, remarca que a Consellería destina o próximo ano 350 millóns a políticas de vivenda en diferentes liñas, entre o que se inclúe 77,8 millóns da sociedade pública de vivenda (Vipugal) e 2,7 millóns do consorcio do Casco Lanuxe de Vigo.

Lembra que hai 3.000 vivendas en marcha das 4.000 novas comprometidas para 2028, un milleiro das cales están en construción. Igualmente, o responsable do IGVS lanzou diferentes críticas ao que considera incumprimentos e atraso do Goberno central en materia de vivenda, pois censura que “nada” se sabe sobre diferentes promesas.

ÚLTIMAS

Un incendio duns colchóns baixo a cafetaría da Alameda mobiliza aos servizos de emerxencia

Un pequeno incendio rexistrado na noite deste venres baixo a cafetaría da Alameda de...

O reto que se autoimpón a nova reitora da USC: determinar áreas para incorporar e formar persoal “de forma urxente”

A Universidade de Santiago de Compostela terá por primeira vez nos seus 531 anos...

Marta Abal critica a xestión do Goberno local no contrato da auga e fala de “tres anos perdidos para Santiago”

O Grupo Municipal Socialista de Santiago de Compostela criticou a xestión do Goberno local...

Marta Abal critica a xestión do Goberno local no contrato da auga e fala de “tres anos perdidos para Santiago”

O Grupo Municipal Socialista de Santiago de Compostela criticou a xestión do Goberno local...

Mila Castro critica a intención do Goberno local de aprobar a renovación do contrato da auga sen pasar polo pleno

A concelleira non adscrita de Santiago, Mila Castro, criticou a intención anunciada pola alcaldesa,...

María Rozas participa en Cabo Verde no encontro internacional de mulleres electas que aposta por reforzar a igualdade na gobernanza local

A tenenta de alcaldesa de Santiago de Compostela, María Rozas, participou en Cabo Verde...