InicioPOLÍTICAGoretti Sanmartín defende a actuación do Concello de Santiago pola vertedura ao...

Goretti Sanmartín defende a actuación do Concello de Santiago pola vertedura ao Sar e cualifica de “estrañas” as críticas do PP

A alcaldesa asegura que o goberno local fixo seguimento “desde o primeiro momento” e mantivo contacto con Acuaes e Augas de Galicia pola situación da depuradora da Silvouta

Publicado o

Xornal de Compostela

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, respondeu este venres ás críticas do Partido Popular pola vertedura de augas residuais ao río Sar, derivada das obras da nova depuradora da Silvouta, e afirmou que o Concello actuou “desde o primeiro momento” en coordinación coas administracións competentes.

“Estivemos desde o primeiro momento facendo un seguimento e, no momento en que tivemos un informe da comisión de seguimento, decidimos trasladar toda a información tamén aos concellos veciños”, explicou a rexedora, que fixo estas declaracións durante a súa asistencia á lectura pública dos nomes de nenos palestinos falecidos en Gaza, na Praza do Toural.

Sanmartín cualificou de “estrañas” e “non intelixibles” as declaracións dos populares, e atribuíu a situación á “chegada tarde” dunha infraestrutura que era necesaria e cuxa demora considera responsabilidade do PP.

A alcaldesa salientou que o Concello mantivo contacto permanente con Acuaes e Augas de Galicia, destacando que a relación con estas entidades é “moi boa” e que o goberno local “actuou en todo momento dentro das súas competencias e en coordinación coas administracións implicadas”.

En clave máis irónica, Sanmartín tamén respondeu ás palabras do concelleiro popular Adrián Vila, quen lle pedira que “recitase o cronograma da súa inacción”. “Creo que o concelleiro do Partido Popular faría ben en ler un pouco máis de poesía, porque o do coidado e a limpeza dos ríos, dende logo, non se lles dá moi ben”, comentou a alcaldesa compostelá.

ÚLTIMAS

Francisco Narla reconstrúe en ‘Suseia’ a vida descoñecida do Mestre Mateo

O escritor Francisco Narla regresa á historia de Santiago de Compostela coa publicación de...

O Concello de Santiago contrata nove persoas para reforzar o mantemento de zonas verdes, vías e limpeza de pintadas

O Concello de Santiago incorporou nove traballadores a través do departamento de Emprego para...

Máis dun milleiro de persoas maniféstanse en Santiago para reclamar medidas fronte á crise da vivenda

Máis dun milleiro de persoas mobilizáronse este sábado en Santiago de Compostela para reclamar...

O COAG Santiago entrega no Teatro Principal os premios ‘PRÓXIMOS’ con oito obras compostelás recoñecidas

A Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia celebrou este sábado...

O PP pregunta polo futuro da naturalización da Lagoa do Auditorio tras a perda dos fondos europeos

A concelleira do Partido Popular de Santiago, Rosario Ferreiro, pediu explicacións ao goberno local...

Sanmartín reivindica as novas conexións de Lavacolla e chama a abordar a seguridade “dende o rigor”

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, puxo este venres o foco no incremento de...

O PP reclama executar o contrato de sinalización intelixente do patrimonio e Sanmartín asegura que xa está en marcha

O Partido Popular de Santiago reclamou ao goberno municipal de BNG e Compostela Aberta...