InicioPOLÍTICAO PSOE de Santiago insta a Concello e Xunta a cooperar para...

O PSOE de Santiago insta a Concello e Xunta a cooperar para impulsar a vivenda pública

A concelleira socialista Marta Abal reclama que se abandone a confrontación e se prioricen medidas urxentes de alugueiro accesible na cidade

Publicado o

Xornal de Compostela

A concelleira do Grupo Municipal Socialista de Santiago, Marta Abal, pediu este mércores ao Partido Popular e ao Goberno local, encabezado por Goretti Sanmartín, que “deixen de lado as pelexas políticas e se centren en traballar de verdade en políticas de vivenda pública”.

As declaracións prodúcense despois de que o Concello ofrecese á Xunta de Galicia a cesión de dúas novas parcelas municipais para destinalas en exclusiva a vivenda pública en réxime de aluguer. Trátase dos terreos UER5 do SUNP-5 (A Muíña) e PR4 do SUNP-4 (As Cancelas), cunha capacidade estimada para 62 e 18 vivendas, respectivamente.

O ofrecemento foi acompañado dunha proposta municipal para que a administración autonómica active un programa de investimento en adquisición e rehabilitación de inmobles destinados tamén a vivenda pública, co obxectivo de compensar a perda de patrimonio residencial da veciñanza compostelá. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, respondeu pedindo ao Concello que ceda todas as parcelas “sen condicións”. Ademais destas dúas, o consistorio tramita a cesión doutros tres terreos á Xunta.

Neste contexto, Marta Abal criticou a “falta de actuación da Xunta, administración con competencias exclusivas en materia de vivenda”, e subliñou que “o PP non construíu en Santiago ningunha soa vivenda protexida nos últimos anos”.

A edil socialista tamén apelou á responsabilidade do Goberno local, ao que instou a “actuar con axilidade na cesión gratuíta das parcelas”, lembrando que “a demanda de vivenda de aluguer accesible non pode esperar”.

O PSOE de Santiago defende dúas condicións fundamentais: que todas as vivendas sexan de protección pública permanente e que a maioría se destinen a aluguer con prezos accesibles, de maneira que o custo mensual non supere o 30% do salario das persoas inquilinas.

“Santiago necesita colaboración e vontade política, non confrontación nin escusas”, concluíu Abal.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O PP denuncia que a Policía Local traballou con seis axentes nalgúns días do verán

O Partido Popular de Santiago denunciou a situación dos efectivos da Policía Local durante...

Sanmartín prevé asinar o novo contrato dos autobuses en setembro e poñer o servizo en marcha este outono

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, situou para finais da próxima semana ou comezos...