InicioPOLÍTICARosón acusa ao PSOE local de "política de mercadeo" e que aos...

Rosón acusa ao PSOE local de “política de mercadeo” e que aos non adscritos non os compra ninguén

A concelleira Mercedes Rosón reprochou ao PSdeG que falen de "esperpento" cando, segundo dixo, son "os autores materiais dunha das maiores infamias políticas que se viviron en Santiago", referíndose a a expulsión dos exsocialistas ao grupo dos non adscritos

Publicado o

Xornal de Compostela

A edil non adscrita de Santiago de Compostela Mercedes Rosón asegurou que aos concelleiros non adscritos da capital galega “non se lles compra coa alcaldía” e acusou ao PSOE local de practicar a “política de mercadeo”.

Rosón pronunciouse deste xeito despois de que o portavoz do PSOE local, o que fose o seu compañeiro no Grupo Municipal Socialista Gumersindo Guinarte, cualificase de “esperpento político” o debate xurdido ao redor dunha posible moción de censura no Concello de Santiago contra o goberno bipartito de BNG e Compostela Aberta e acusase os non adscritos de “facer ridículo”.

Un cruzamento de reproches que chega un día despois de que o mércores o non adscritos –o catro edís expulsados do PSOE– asegurasen que só apoiarían unha moción con Mercedes Rosón como candidata. Tras iso, tanto o portavoz o PP de Santiago, Borja Verea, como o presidente provincial, Diego Calvo, explicaron que o PP estaba aberto a explorar todas as posibilidades e o propio Verea fixo unha proposta na que aceptaba dar a alcaldía a Rosón para constituír un “goberno de emerxencia”. Con todo, a concelleira non adscrita rexeitou esta posibilidade e asegurou que “xamais, xamais, xamais” gobernaría co PP.

Neste contexto, o portavoz do grupo municipal socialista de Santiago, Gumersindo Guinarte, sostivo nun audio difundido aos medios que o feito polos edís non adscritos “é simplemente facer o ridículo e facerlle o xogo ao PP” e lamentou que a política municipal transitase “nas últimas horas en Compostela desde o enredo ao esperpento.

Como resposta, Rosón reprochou ao PSdeG que falen de “esperpento” cando, segundo dixo, son “os autores materiais dunha das maiores infamias políticas que se viviron en Santiago”, referíndose a a expulsión dos exsocialistas ao grupo dos non adscritos.

Ademais, sinalou que “resulta sorprendente” que estas declaracións partan do “señor Guinarte”, ao que cualificou como “unha persoa que chegado o momento vende a súa vontade a cambio de preventas, que aínda están por ver”.

“É obsceno sobre todo cando a coherencia dos presuntos socialistas deixouse patente cando votaron en contra hai só un mes da ordenanza do lixo que eles mesmos iniciaron para simular unha derrota política da señora Sanmartín. Esa é a altura de miras e a responsabilidade da que presumen cando practican o populismo e a política do mercadeo”, remarcou.

Rosón subliñou que a pesar de que o non adscritos poden chegar a acordos con todo o mundo, tamén co Partido Popular, “non participarán nunca nunha moción de censura”. “Por certo son eles, os socialistas, aos que Borja Verea se referiu como posibles socios preferentes nun pleno no que coincidiron PP e PSOE na maioría dos posicionamentos. Desde logo, teñen bastantes cousas en común”, ironizou.

Con todo, reiterou que “é un debate pechado”: “Dixémolo en abril, a principios de setembro, e reiterámolo hoxe, debate pechado no que nunca quixemos participar, o resto interpretacións malintencionadas e titulares”, concluíu.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O PP denuncia que a Policía Local traballou con seis axentes nalgúns días do verán

O Partido Popular de Santiago denunciou a situación dos efectivos da Policía Local durante...

Sanmartín prevé asinar o novo contrato dos autobuses en setembro e poñer o servizo en marcha este outono

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, situou para finais da próxima semana ou comezos...