InicioSANTIAGOSantiago aproba subir o 50% o IBI de vivendas baleiras

Santiago aproba subir o 50% o IBI de vivendas baleiras

Esta recarga aplicarase naqueles casos en que manteñan esa condición durante dous ou máis anos e cuxa propiedade sexa titular de catro ou máis inmobles.

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago aplicará unha recarga de entre o 50% e o 150% ao cobro do imposto de bens inmobles (IBI) a vivendas desocupadas –se cumpren varias condicións– tras a aprobación dunha modificación das ordenanzas reguladoras de ingresos públicos, co voto a favor de membros do goberno local (BNG e Compostela Aberta), PSOE e edilas non adscritas.

Esta recarga aplicarase naqueles casos en que manteñan esa condición durante dous ou máis anos e cuxa propiedade sexa titular de catro ou máis inmobles. Esta é unha das novidades que contempla a modificación aprobada, que tamén contén novas bonificacións ás vivenda de promoción pública, unha das categorías de vivenda protexida.

Para aplicar a recarga, o Concello terá que elaborar un censo dos inmobles desocupados con carácter permanente en Santiago, para o que se baseará en indicios dos consumos e do padrón de habitantes.

APOIO DE EDILAS NON ADSCRITAS E PSOE

En representación das edilas non adscritas, Mercedes Rosón trasladou o seu acordo con medidas a favor da solución da cuestión da vivenda e a mobilización do parque de vivendas desocupadas.

Con todo, puxo en dúbida o alcance “real” da medida, que prognosticou que será “limitado” e “sen efectos inmediatos” en base á limitación das competencias municipais neste ámbito. “Hai que ser conscientes de que as competencias en materia de vivenda é a Xunta de Galicia e, por tanto, calquera competencia local será limitada”, apuntou.

Pola súa banda, a edila socialista Marta Abal referendou, na súa intervención, o apoio da súa formación ás modificacións presentadas e cualificou como “interesantes” aquelas referentes ao ámbito urbanístico.

Neste sentido, introduciu un matiz: “Estando de acordo coa idea, non o estamos coas formas. Hai unha falta de diagnose da vivenda baleira en Santiago para poder acoutar a realidade”. Por iso, o PSOE presentou unha proposición dun censo de vivendas baleiras, que o pleno tratará máis adiante.

‘NON’ DO PP

Por outra banda, o portavoz popular, Borja Verea, considerou que o “debate político” desta modificación está, precisamente, no gravame ás vivendas desocupadas, en tanto que ve o resto de modificacións son apreciacións técnicas, nas que o PP non pon ningunha objección.

Si as pon en recárgaa a inmobles desocupados, polo que os seus 11 concelleiros votaron en contra dela. Verea defendeu un modelo baseado en “incentivar, promocionar e bonificar”, contrario ao de “castigar e subir impostos”, que, nas súas palabras, representa o do goberno local. Así, trouxo ao pleno propostas como a baixada de impostos a quen alugue a súa vivenda.

 

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O PP denuncia que a Policía Local traballou con seis axentes nalgúns días do verán

O Partido Popular de Santiago denunciou a situación dos efectivos da Policía Local durante...

Sanmartín prevé asinar o novo contrato dos autobuses en setembro e poñer o servizo en marcha este outono

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, situou para finais da próxima semana ou comezos...