InicioPOLÍTICAO PSdeG denuncia un novo curso escolar marcado "pola falta de profesorado...

O PSdeG denuncia un novo curso escolar marcado “pola falta de profesorado e recursos” nas escolas de Compostela

O secretario local do PSOE de Compostela, Aitor Bouza; xunto coa deputada no Parlamento de Galicia Patricia Iglesias e a concelleira Marta Abal denunciaron, en rolda de prensa, o inicio dun novo curso escolar "marcado, unha vez máis, pola falta de profesorado e de recursos para atender as necesidades da comunidade educativa"

Publicado o

Xornal de Compostela

O secretario local do PSOE de Compostela, Aitor Bouza; xunto coa deputada no Parlamento de Galicia Patricia Iglesias e a concelleira Marta Abal denunciaron, en rolda de prensa, o inicio dun novo curso escolar “marcado, unha vez máis, pola falta de profesorado e de recursos para atender as necesidades da comunidade educativa”. Bouza advertiu que “Compostela está á marxe das cuestións prioritarias do Goberno galego” e esixiu ao presidente, Alfonso Rueda, que “se centre e que vexa que este inicio do curso escolar non pode ir en detrimento de as familias de Compostela”.

Na rolda de prensa, insistiu en que son os alumnos e alumnas os que “ven realmente prexudicados por esta política en contra da educación pública” que, segundo o socialista, “cada vez vai a máis por parte da Xunta de Rueda”. Bouza aproveitou para anunciar que o PSdeG de Santiago iniciará unha rolda de reunións con ANPAS e comunidades educativas para recoller todas as carencias e trasladalas ás institucións competentes. Así mesmo, anunciou que o grupo socialista levará ao pleno do Concello de Santiago unha moción para esixir á Xunta “máis recursos” e unha resposta “estable”. “Investir en mellorar a atención destas nenas e nenos é, desde logo, o mellor para a sociedade”, concluíu.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O PP denuncia que a Policía Local traballou con seis axentes nalgúns días do verán

O Partido Popular de Santiago denunciou a situación dos efectivos da Policía Local durante...

Sanmartín prevé asinar o novo contrato dos autobuses en setembro e poñer o servizo en marcha este outono

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, situou para finais da próxima semana ou comezos...