InicioPOLÍTICARaxoi, en resposta á conselleira de Vivenda, reitera que fará todo o...

Raxoi, en resposta á conselleira de Vivenda, reitera que fará todo o que está “na súa man” para atallar a cuestión da vivenda

A portavoz municipal do Concello de Santiago, Míriam Louzao, insistiu en que "unha das preocupacións máis importantes" do goberno local é que "todas as persoas que queiran vivir en Compostela, poidan facelo" e, por iso, fará todo o que estea "na súa man"

Publicado o

Xornal de Compostela

A portavoz municipal do Concello de Santiago, Míriam Louzao, insistiu en que “unha das preocupacións máis importantes” do goberno local é que “todas as persoas que queiran vivir en Compostela, poidan facelo” e, por iso, fará todo o que estea “na súa man”. Esta foi a súa resposta fronte á oposición mostrada pola conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas en relación ao gravame fiscal ás vivendas baleiras anunciado por Raxoi.

A responsable autonómica neste ámbito, María Martínez Allegue, asegurou este domingo nunha entrevista en Cadena Ser que a Xunta “está en contra do intervencionismo, prohibición e a gravación” a vivendas baleiras. Esta é, precisamente, unha das medidas que o Concello contempla dentro do plan que acompañará á solicitude de zona de mercado residencial tensionado e que presentou o concelleiro de Urbanismo, Iago Lestegás, o pasado venres. Preguntada a este respecto nunha rolda de prensa, a portavoz municipal precisou: “Tamén dicía a conselleira que todas as medidas que poidan axudar a facelo [a pór vivendas no mercado], benvidas sexan”.

Nesta liña, indicou que “desde o principio do mandato” o consistorio está “a tentar pór en marcha” as medidas que están “na súa man”, dentro das comptencias municipais, “para que as persoas que queiran vivir en Compostela, poidan facelo”. “Ententendemos que é a nosa responsabilidade, que é unha das preocupacións da cidadanía e unha das preocupacións máis importantes deste goberno”, defendeu a edil. Nese sentido, indicou que o consistorio porá en marcha “todas” as medidas que poida para lograr ese obxectivo e “esta é unha máis”.

AMPLIACIÓN DO CHUS

Por outra banda, preguntada pola intención mostrada por Allegue de asinar o convenio das obras de ampliación do CHUS entre maio e xuño, a portavoz municipal trasladou que o consistorio está “a desexar asinalo canto antes”. “Parécenos importantísimo facelo e outra necesidade importantísima deste Concello é ter ese aparcadoiro funcionando canto antes. Estamos a esperar e, cando na Consellería consideren, asinaremos ese convenio”, asegurou.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

Marta Álvarez reclama ao Concello de Santiago medidas ante os incendios nun baixo de Romero Donallo

A concelleira non adscrita de Santiago de Compostela, Marta Álvarez, reclamou ao Goberno municipal...

Pedro Blanco e o Ateneo de Santiago reclaman recuperar o liderado cultural e institucional de Compostela

O candidato do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Santiago, Pedro Blanco, reuniuse coa directiva do...

Borja Verea destaca as máis de 400 vivendas públicas da Xunta en Santiago e aposta por facilitar que os mozos poidan quedar na cidade

O presidente do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, reivindicou o papel dos investimentos...