InicioPOLÍTICAO pleno extraordinario polos concelleiros díscolos do PSOE e a taxa turística...

O pleno extraordinario polos concelleiros díscolos do PSOE e a taxa turística será este venres

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago anunciou este luns que será o vindeiro venres cando celebre o pleno extraordinario no que se tome a consideración o paso a non adscritos dos concelleiros díscolos do PSOE e a aprobación da ordenanza da taxa turística, ademais de abordar o asunto do cadro de persoal.

A portavoz municipal, Míriam Louzao, deu conta desta decisión nunha rolda de prensa celebrada tras a reunión semanal de xunta de goberno local. O pleno chegará tras a vista celebrada o venres pasado, cuxo fin era resolver a petición dos edís afectados (Mila Castro, Mercedes Rosón, Gonzalo Muíños e Marta Álvarez) contra a súa expulsión do PSOE. A este respecto, aínda se espera a resolución xudicial.

ÚLTIMAS

Pacientes do CHUS denuncian un “colapso” permanente nos accesos ao Clínico

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou o “colapso” permanente dos accesos...

A CIG anuncia mobilizacións contra Monbus e reclama a readmisión dun traballador despedido tras a folga en Santiago

A CIG anunciou novas mobilizacións e accións penais contra o grupo Monbus para reclamar...

“Traballaba as 24 horas”: unha muller relata como foi traída desde Colombia e obrigada a prostituírse

A sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago, acolleu este...

A néboa e o vento obrigan a desviar sete voos con destino a Santiago

As condicións meteorolóxicas complicaron este martes pola tarde a operativa do aeroporto de Santiago-Rosalía...

Pedro Blanco inicia unha rolda polos barrios de Santiago para elaborar propostas coa veciñanza

O candidato socialista á Alcaldía de Santiago, Pedro Blanco, iniciou este martes '#ConversasDeBarrio', unha...

Verea comprométese a reducir a 30 días o pagamento aos provedores no primeiro ano de mandato

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, volveu situar os prazos de...

O Concello contratará un préstamo de 2,97 millóns e abre 90.000 euros en axudas para asociacións veciñais

A Xunta de Goberno Local de Santiago aprobou este luns o expediente para contratar...