InicioPOLÍTICAGoretti defende as súas políticas de rehabilitación e a súa aposta por...

Goretti defende as súas políticas de rehabilitación e a súa aposta por “compactar a cidade”

"O crecemento urbano e o desenvolvemento de chan non poden ser infinitos; a aposta debe ser un modelo urbano compacto, que nos leva a pór o foco na optimización do que xa está construído, polo que é un momento especialmente importante para o sector da rehabilitación", defendeu a alcaldesa de Santiago

Publicado o

Xornal de Compostela

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, participou na inauguración da sétima edición do Curso Superior de Especialización en Xestión de Obras de Rehabilitación, na que destacou as políticas neste ámbito que impulsa o seu goberno e a aposta por “compactar a cidade”.

Segundo trasladou o Concello nunha nota de prensa, durante a súa intervención no acto, puxo en valor o labor neste campo do Consorcio, que ela mesma preside e ante a presenza do xerente, José Antonio Domínguez Varela.

“O crecemento urbano e o desenvolvemento de chan non poden ser infinitos; a aposta debe ser un modelo urbano compacto, que nos leva a pór o foco na optimización do que xa está construído, polo que é un momento especialmente importante para o sector da rehabilitación”, defendeu.

Goretti Sanmartín remarcou o labor do Consorcio de Santiago que, “da man dun excelente equipo técnico, promoveu importantes obras para a recuperación de edificios e do espazo público”.

Ademais, explicou que a rehabilitación con criterios de sustentabilidade e de accesibilidade universal axudan a optimizar o emprego dos recursos naturais, mellorar o comportamento climático do parque inmobiliario e das cidades, aumentar o ‘confort’ e a calidade de vida das persoas usuarias e, ao mesmo tempo, preservar o patrimonio arquitectónico e cultural.

ÚLTIMAS

“A morte de Maricarmen é un asasinato da violencia rentista”, din os acampados en Compostela

As persoas mozas acampadas na Praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, atribúen á...

Goretti Sanmartín proporá conceder a Medalla de Ouro de Santiago a Xosé Manuel Beiras a título póstumo

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, anunciou este xoves que promoverá a...

Anne Carson gaña o Nobel de Literatura 2026, unha autora que levou o Camiño de Santiago á súa obra

A escritora canadense Anne Carson foi distinguida co Premio Nobel de Literatura 2026, segundo...

Licitadas por case 870.000 euros as obras para mellorar a climatización do centros de saúde de Concepción Arenal e do Milladoiro

A Xunta de Galicia licitou por un importe conxunto de 869.966,67 euros os contratos...

Goretti Sanmartín proporá conceder a Medalla de Ouro de Santiago a Xosé Manuel Beiras a título póstumo

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, anunciou este xoves que promoverá a...

Borja Verea propón modificar o PXOM de Santiago para desbloquear a construción de miles de vivendas

O presidente do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, presentou unha proposta para revisar...

O PSdeG reclamará no Parlamento que a Xunta axilice a ampliación do polígono da Sionlla

A deputada socialista Patricia Iglesias anunciou que o PSdeG levará ao Parlamento de Galicia...