InicioPOLÍTICAGoretti prevé para a semana que vén a celebración do pleno polos...

Goretti prevé para a semana que vén a celebración do pleno polos edís expulsados do PSOE

O secretario xeral do PSdeG dixo non entender a "tardanza" para "dar cumprimento do que hoxe é e debe ser cumprido"

Publicado o

Xornal de Compostela

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, estimou este luns que “o máis probable” é que o pleno extraordinario para o paso dos edís expulsados do PSOE ao grupo de non adscritos se celebre durante a próxima semana. Antes de acordar unha data, o Concello ten que recibir un informe elaborado polo secretario técnico municipal. Preguntada por esta cuestión este luns en rolda de prensa, Sanmartín indicou que espera que o informe estea listo “a comezos desta semana”. “En canto se entregue ese informe, convocaremos o pleno”, sinalou.

“Aínda non se entregou, pero [o secretario] ten o traballo bastante avanzado. Sei perfectamente que se van cumprir os prazos e vaise a entregar estes días”, aseverou. O prazo ao que se refire a rexedora son 10 días hábiles a contar desde a finalización do prazo de alegacións dos concelleiros afectados, é dicir, o xoves 22 de abril. Preguntada pola relación co secretario xeral do PSOE en Santiago, Sanmartín alegou que coincidiron no partido da SD Compostela este domingo: “Non tivemos unha conversa de tipo político”.

Preguntada a continuación polo resto de concelleiros do PSOE, a alcaldesa asegurou que “non hai rotura de relacións”. “Houbo distintas cuestións que tivemos que tratar, nas que as distintas concellarías tiveron que tratar cunhas persoas e con outras”, relatou. “Non hai ningún problema. Coincidín moitas veces estes días con membros do grupo municipal socialista, que están nun lado e noutro, sen problema de ningún tipo”, insistiu.

“ESTÁN FÓRA DO PSOE”

Preguntado sobre este tema, o secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, insistiu en que os catro edís expulsados “están hoxe fóra do PSOE”, polo que opinou que esa “xudicialización” é “externa”. “Non cuestiono o sistema legal, pero a día de hoxe esas persoas están fóra do PSOE. A partir de aí, haberá decisións xudiciais coas que son respectuoso, pero, a día de hoxe, esa é a situación: esas persoas non forman parte do PSOE”, insistiu.

En todo caso, afirmou que espera que se resolvan “con inmediatez” as cuestións administrativas que, engadiu, “están en mans de partidos”. Por iso, dixo non entender a “tardanza” na convocatoria dun pleno extraordinario para “dar cumprimento do que hoxe é e debe ser cumprido”. “Non entendo esa tardanza, pero non están nas mans de quen lles fala”, resolveu.

ÚLTIMAS

Francisco Narla reconstrúe en ‘Suseia’ a vida descoñecida do Mestre Mateo

O escritor Francisco Narla regresa á historia de Santiago de Compostela coa publicación de...

O Concello de Santiago contrata nove persoas para reforzar o mantemento de zonas verdes, vías e limpeza de pintadas

O Concello de Santiago incorporou nove traballadores a través do departamento de Emprego para...

Máis dun milleiro de persoas maniféstanse en Santiago para reclamar medidas fronte á crise da vivenda

Máis dun milleiro de persoas mobilizáronse este sábado en Santiago de Compostela para reclamar...

O COAG Santiago entrega no Teatro Principal os premios ‘PRÓXIMOS’ con oito obras compostelás recoñecidas

A Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia celebrou este sábado...

A Maker Faire Galicia abre en Santiago cunha xornada centrada no emprendemento e a innovación social

A Maker Faire Galicia inaugurou este venres en Santiago de Compostela a súa XII...

Un modelo da USC permite prever como reducir a calor nas cidades mediante cambios urbanísticos

O incremento das temperaturas está a aumentar o impacto da meteoroloxía sobre a saúde...

O PP pregunta polo futuro da naturalización da Lagoa do Auditorio tras a perda dos fondos europeos

A concelleira do Partido Popular de Santiago, Rosario Ferreiro, pediu explicacións ao goberno local...