InicioPOLÍTICAO PSdeG acusa a Rueda de "maltratar economicamente" a Santiago de Compostela...

O PSdeG acusa a Rueda de “maltratar economicamente” a Santiago de Compostela por “intereses partidistas”

Publicado o

Xornal de Compostela

A deputada do PSdeG Patricia Iglesias acusou ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, de “maltratar economicamente” á cidade de Santiago de Compostela por “intereses partidistas”. Así o trasladou nun comunicado, no que se refire a a carta aberta coa que o deputado popular Borja Verea deu resposta á misiva na que a alcaldesa Goretti Sanmartín (BNG) acusou o presidente de desprezar á cidade.

A parlamentaria socialista criticou as declaracións do deputado popular Borja Verea ao considerar que “coa súa actitude hipócrita, di defender a cidade mentres no Parlamento vota sistematicamente en contra de todo o que supoña mellorar os investimentos e os dereitos dos veciños composteláns“.

“Borja Verea non está para dar leccións de compromiso con Santiago cando cada vez que ten que escoller entre os intereses da cidade ou os do PP, escolle os segundos”, afirmou para lembrar que o PP rexeitou en numerosas ocasións as emendas presentadas polo Grupo Socialista aos orzamentos da Xunta destinadas a mellorar a situación de Santiago.

“Desde o PSdeG levamos moitos anos defendendo que a Xunta ten que asumir as súas competencias con respecto a Santiago e deixar de relegala polo simple feito de que non estea gobernada polo PP”, engadiu. “Sen a Catedral de Santiago e sen a marca que representa Compostela, é máis que probable que o PIB turístico galego non fose o que é hoxe. É hora de que a Xunta deixe de aproveitarse da cidade sen darlle nada a cambio”, concluíu.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O PP denuncia que a Policía Local traballou con seis axentes nalgúns días do verán

O Partido Popular de Santiago denunciou a situación dos efectivos da Policía Local durante...