InicioPOLÍTICABeiras e antigos cargos do PSOE, entre os novos asinantes da carta...

Beiras e antigos cargos do PSOE, entre os novos asinantes da carta en apoio aos edís expulsados

A que fora deputada autonómica Marisol Soneira, o exdiputado no Congreso Adolfo Pérez Abellás, a exconcelleira de Ourense Aurea Soto figuran entre os novos asinantes da carta en apoio aos edís de Santiago de Compostela expulsado do Partido Socialista, que xa alcanza as 850 rúbricas

Publicado o

Xornal de Compostela

O histórico dirixente nacionalista Xosé Manuel Beiras e antigos cargos do PSOE como a que fora deputada autonómica Marisol Soneira, o exdiputado no Congreso Adolfo Pérez Abellás, a exconcelleira de Ourense Aurea Soto figuran entre os novos asinantes da carta en apoio aos edís de Santiago de Compostela expulsado do Partido Socialista, que xa alcanza as 850 rúbricas. Entre os novos asinantes, aparecen antigos cargos do PSOE como o que fora director xeneral de Tráfico e subsecretario de Interior, José L. Martín Palacín, así como persoas doutras formacións como o exconcelleiro de Compostela Aberta Manuel Divos Diz o que fora líder de Compromiso por Galicia, Xoán Báscuas.

Ademais, sumáronse personalidades do ámbito cultural, como a escritora María Solar, a libreira María Xesús Couceiro Caramés e a cineasta e académica da RAG Margarita Ledo Andión, ademais do coordinador dos Observatorios da Cultura Galega do CCG, Hukan Casares Berg. Tamén asina a carta o profesor e xornalista Xosé López García ou a activista feminista, Nanina Santos Castroviejo. Do tecido empresarial, sumaron os seus apoios Xavier Freire e José Antonio Seijas, presidente da Asociación Comercio Punto Compostela. Ademais, no ámbito da sanidade, aparecen entre as firmas o xefe do servizo de Neuroloxía do CHUS, José Mª Prieto González ou a otorrino Sofía Santos Pérez, así como persoas do ámbito educativo, como Maribel Martín ou o que fora responsable do parque de bombeiros, Cesáreo Rei Noya.

DENUNCIA DE SABOTAXE

Ademais, os promotores da iniciativa denunciaron que tiveron que pechar o formulario a fin de semana despois de que alguén “saboteara” esta recollida de firmas. Así, aseguraron que, desde o venres, recibiron “miles de firmas falsas que se mesturaron coas de persoas reais”. Ante a situación, os impulsores decidiron pechar o formulario e, para evitar erros, suprimir todas as firmas recollidas desde que detectaron este feito.

APOIO AO LABOR DOS CONCELLEIROS

O texto mostra o seu rexeitamento á decisión adoptada polo PSOE de expulsar ao catro concelleiros, pon en valor o seu traballo e denuncia o proceso de “proceso de deslexitimación” por parte da dirección local dos representantes “democraticamente elixidos”. A misiva está rubricada a título individual por cidadáns de distintos sectores da sociedade o académico, o cultural e o empresarial e sumou o apoio de persoas destacadas de distintos partidos políticos, como o propio PSdeG. Todo iso despois de que, tal e como sinalaron fontes consultadas por Europa Press, diferentes persoas trasladasen a súa vontade de sumarse ao manifesto en apoio dos catro edís que inicialmente impulsaron medio cento de persoas, entre as que figuraba o expresidente da Xunta Emilio Pérez Touriño.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

O PSdeG esixe incorporar a VOLABAN ao Padroado do Refuxio de Bando tras máis dun ano de demora

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao Pleno deste mes unha proposta para...

Os non adscritos retiran a demanda contra o PSOE pola súa expulsión

Os catro concelleiros non adscritos de Santiago de Compostela --Mercedes Rosón, Gonzalo Muíños, Milagros...

Escarlata Pampín, candidata do BNG en Ames para “recuperar o impulso e o avance”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, participou este mércores na presentación de Escarlata...