InicioSANTIAGOJulio Torrado sinala que "este partido ten unha normativa que cumprir" sobre...

Julio Torrado sinala que “este partido ten unha normativa que cumprir” sobre a crise do PSOE en Santiago

Torrado reivindicou ao Partido Socialista como un partido "libre e plural" pero asegurou que el non se cre "tan importante" como para que "todo o mundo deba saber a súa opinión sobre as cousas"

Publicado o

Xornal de Compostela

O portavoz da Executiva do PSdeG, Julio Torrado, volveuse a pronunciar este venres sobre a crise que atravesa o PSOE de Santiago e aseverou que o partido “ten unha normativa que cumprir” e que o camiño sempre é “utilizar os mecanismos” dos que dispón.

“Este é un partido que aspira sempre a resolver calquera cuestión da maneira máis natural posible e sempre ten unha ferramenta para facelo, que é o que nos define como organización, que son as súas normativas”, esgrimiu.

Torrado referiuse así –a preguntas dos xornalistas nunha rolda de prensa celebrada este venres en Compostela– sobre a situación do Grupo Municipal Socialista tras a resolución do expediente ao seu portavoz, Gonzalo Muíños, ao que o PSOE suspendeu 18 meses, e ao tres concelleiras que o apoian –Mercedes Rosón, Mila Castro e Marta Álvarez–.

Cabe lembrar que esta mesma semana os concelleiros denunciaron “indefensión”, ao que Torrado asegurou “non sentirse quen para compartir ou non os sentimentos das persoas, nin para xulgar eses sentimentos”.

Tamén se referiu ao tweet publicado polo excalde socialista de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, no que se refería ao expediente sancionador como algo “leninista e non socialista”.

Neste sentido, reivindicou ao Partido Socialista como un partido “libre e plural” pero asegurou que el non se cre “tan importante” como para que “todo o mundo deba saber a súa opinión sobre as cousas”.

“CORGOS TEN DIFICULTADE PARA MANTER O DISCURSO”

Por outra banda, Torrado destacou que o conselleiro de Facenda, Miguel Corgos, ten “moitas dificultades para manter o mesmo discurso” e asegurou que “debería pedir permiso ao seu partido para saber que opinar”.

Así se pronunciou –a preguntas da prensa– sobre as declaracións do responsable de Facenda nunha entrevista da Cadea Ser respecto dos “70 millóns de euros ao mes que está a deixar de ingresar Galicia”.

A este respecto, o portavoz socialista lembrou o voto en contra “ao decreto ómnibus do Goberno” e criticou que opine sobre cuestións das que o seu partido é o “primeiro responsable”.

“Cada vez que Corgos quere facer unha crítica faise unha crítica a si mesmo, ás veces creo que é mellor para a oposición que fale”, concluíu Torrado.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O PP denuncia que a Policía Local traballou con seis axentes nalgúns días do verán

O Partido Popular de Santiago denunciou a situación dos efectivos da Policía Local durante...

Sanmartín prevé asinar o novo contrato dos autobuses en setembro e poñer o servizo en marcha este outono

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, situou para finais da próxima semana ou comezos...