InicioPOLÍTICABugallo ve "tremenda" a crise do PSOE de Santiago: "É leninista"

Bugallo ve “tremenda” a crise do PSOE de Santiago: “É leninista”

Denuncia que o "aparello" actúa "en función dos seus intereses".

Publicado o

Xornal de Compostela

O exalcalde socialista de Santiago Xosé Sánchez Bugallo tachou de “tremenda” a situación que vive o PSOE na capital galega despois de que este venres Ferraz comunicase a expulsión de catro dos seus edís na corporación municipal enfrontados coa dirección local do partido, Gonzalo Muíños, Milagros Castro, Marta Álvarez e Mercedes Rosón.

Nun fío en redes sociais, Bugallo tamén sinalou como “tremenda” a “frustración de miles de votantes socialistas”. “Sempre crin, e sigo crendo, que é leninista e non socialista outorgar o poder ao aparello partidista por encima da representación elixida polos cidadáns”, reflexiona.

Ademais, expón que “a desafección” que na súa opinión está a producirse “cos partidos e a propia democracia” ten que ver con “o desgusto da cidadanía cun modelo partidista que sente e actúa en función dos seus propios intereses”. Neste contexto, o exregidor compostelán considera que “de resolverse este conflito ao máis alto nivel, transmitirase unha mensaxe infinitamente máis clara e poderosa que calquera declaración política”.

ÚLTIMAS

Ghaleb Jaber pronunciará o pregón das festas do Apóstolo

Ghaleb Jaber Ibrahim será o encargado de pronunciar o pregón das festas do Apóstolo,...

Excarcerada unha persoa tras chocar co seu coche contra un camión aparcado en Santiago

Unha persoa tivo que ser liberada do seu coche tras chocar contra un camión...

O PSdeG esixe incorporar a VOLABAN ao Padroado do Refuxio de Bando tras máis dun ano de demora

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao Pleno deste mes unha proposta para...

Renfe incorpora en Santiago o servizo para que menores viaxen sós en tren a Madrid

Renfe vén de incorporar na estación de Santiago de Compostela o servizo 'Menores que...

O PSdeG esixe incorporar a VOLABAN ao Padroado do Refuxio de Bando tras máis dun ano de demora

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao Pleno deste mes unha proposta para...

Renfe incorpora en Santiago o servizo para que menores viaxen sós en tren a Madrid

Renfe vén de incorporar na estación de Santiago de Compostela o servizo 'Menores que...

Desarticulado en Santiago un clan familiar que vendía droga nunha vivenda blindada con reixas e unha xanela para entregar doses

A redada antidroga levada a cabo pola Policía Nacional o pasado 15 de xullo...