InicioPOLÍTICAO PP propón a adhesión de Santiago á Rede 'Fast Track' contra...

O PP propón a adhesión de Santiago á Rede ‘Fast Track’ contra o VIH

A edil do PP defende unha estratexia local para erradicar a sida no horizonte 2030

Publicado o

Xornal de Compostela

A concelleira do Partido Popular en Compostela, Yolanda Otero, instou á adhesión da capital galega á Rede de Cidades ‘Fast Track’, unha iniciativa global que busca acelerar a resposta fronte ao VIH e as infeccións de transmisión sexual, así como eliminar o estigma asociado antes de 2030.

Segundo explicaron os populares nun comunicado, esta proposta pretende dotar á cidade dunha folla de ruta estratéxica aliñada cos obxectivos marcados pola organización internacional Onusida no seu programa ’95-95-95-95′. Esta iniciativa aspira a que o 95% das persoas afectadas polo VIH coñezan o seu estado serolóxico, sigan un tratamento continuado, supriman así a súa carga viral e gocen dunha alta calidade de vida, erradicando estigmas e discriminación.

Otero destacou a importancia de que o goberno municipal asuma un papel activo neste ámbito: “O papel do goberno local é fundamental para avanzar neste reto común de acabar coa pandemia do VIH”. Nesta liña, o PP de Santiago anima á cidade a converterse nunha referencia local, autonómica e internacional na loita contra a sida e a favor da saúde pública.

A Rede ‘Fast Track’, que xa conta con numerosos concellos adheridos a nivel internacional, promove o traballo coordinado entre administracións e axentes locais para desenvolver medidas efectivas, desde campañas de prevención ata iniciativas de apoio social para as persoas afectadas.

COMPROMISO PARA O 2030

A proposta inclúe o deseño e implementación de programas que fomenten a detección precoz, a continuidade dos tratamentos e a eliminación do estigma asociado ao VIH, co obxectivo de alcanzar os compromisos marcados no horizonte 2030. O Partido Popular local confía en que esta adhesión sitúe a Compostela como un referente de boas prácticas no ámbito da saúde pública e os dereitos sociais.

ÚLTIMAS

Rueda visita unha panadaría de Santiago tras os incidentes na folga do 11N: “Tan importante é o dereito á folga como a traballar”

O dereito á folga e o dereito a traballar volveron situarse este martes no...

O comité de Tralusa e delegados de Aulusa denuncian “escurantismo” sobre o contrato de transporte urbano de Santiago

O novo contrato do transporte urbano de Santiago de Compostela comeza a xerar preocupación...

A USC acumula 85 estudantes en lista de espera para recibir atención psicolóxica

A Universidade de Santiago de Compostela ten actualmente 85 persoas en lista de espera...

Fly2Galicia asegura que están garantidos os voos a partir do 1 de decembro cun único avión de White Airways

A turoperadora Fly2Galicia asegura que manterá a programación de voos chárter desde o aeroporto...

Rueda visita unha panadaría de Santiago tras os incidentes na folga do 11N: “Tan importante é o dereito á folga como a traballar”

O dereito á folga e o dereito a traballar volveron situarse este martes no...

Borja Verea promete licenzas empresariais nun máximo dun mes e unha oficina única se chega á Alcaldía de Santiago

O presidente do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, comprometeuse a establecer un prazo...

Mercedes Rosón esixe explicacións ao Goberno de Santiago pola cancelación dos voos de Fly2Galicia dende Lavacolla

A cancelación dos voos comercializados por Fly2Galicia dende o aeroporto de Santiago, cuxo inicio...