InicioPOLÍTICAGoretti Sanmartín, pesimista sobre a futura taxa turística

Goretti Sanmartín, pesimista sobre a futura taxa turística

Mostra "dúbidas" sobre como concretar a taxa turística e cuestiona as formas da Xunta

Publicado o

Xornal de Compostela

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, mostrou as súas “dúbidas” sobre como se poderá concretar a taxa turística que a Xunta incluíu na lei de acompañamento aos orzamentos para 2025 e criticou que esta proposta de lei salga “dunha emenda do PP á propia lei de acompañamento”.

“Desde o punto de vista das formas, creo que é cuestionable; pero desde o punto de vista dos contidos temos que mirala no Concello a nivel técnico. Recibímola o venres ás 14.00 horas, faremos un estudo e unha análise porque entendemos que esa fórmula se pode corrixir e mellorar”, apuntou a rexedora compostelá en declaracións aos medios na concentración, este domingo, convocada por Queremos Galego.

Así, a alcaldesa lembrou que a Xunta lles trasladou despois da primeira reunión para tratar este asunto que lles ía a dar “o articulado da lei” e “o que apareceu no artigo 8”, sostén Sanmartín, “era unha expresión de vontades” cando, engadiu, trasladóuselles “que ía haber un proceso para poder facer achegas para mellorar esa proposta”.

“O que non é de recibo”, reprochou, “é que se nos convoque con practicamente nada de tempo, tendo que cambiar a axenda para poder asistir e que simplemente se nos diga sen tempo para poder reaccionar. O normal sería que se querían que iso se fixese rápido que na propia lei de acompañamento aparecese o articulado, pero en todo caso, se o querían facer así, que houbese un tempo para falar, porque na primeira reunión insistíronnos en que ía haber un tempo para poder mellorar”, argumentou.

Doutra banda, tamén sinalou que “sorprende” o modelo elixido. “No canto de ir a un imposto de estancias turísticas, vaise a unha recarga municipal; nesa recarga municipal hai algúns condicionantes que entendemos que non se deben de pór se esa é a fórmula, entón isto é sen tempo ningún para reaccionar”, lamentou.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O PP denuncia que a Policía Local traballou con seis axentes nalgúns días do verán

O Partido Popular de Santiago denunciou a situación dos efectivos da Policía Local durante...