InicioPOLÍTICAO Concello de Santiago remitiralle á Xunta esta semana un novo informe...

O Concello de Santiago remitiralle á Xunta esta semana un novo informe sobre o servizo de taxis

Xan Duro asegura que o goberno local xa tería implementado o novo sistema de taxis se a decisión dependese exclusivamente do concello

Publicado o

Xornal de Compostela

O concelleiro de Mobilidade de Santiago, Xan Duro, anunciou este luns que o goberno local prevé remitir á Xunta de Galicia un novo anexo ao informe sobre o servizo de taxis na cidade. Segundo indicou en rolda de prensa, este informe estará listo ‘esta semana ou a principios da que vén’ e incluirá os datos adicionais solicitados pola Xunta, como cifras de fluxo turístico, estudantil e de actividade laboral.

Duro subliñou que, unha vez entregado o informe actualizado, a responsabilidade estará novamente en mans da administración autonómica. “Se a decisión fose do concello, xa estaba a funcionar o novo sistema”, afirmou, facendo referencia á demora provocada pola necesidade de achegar máis información.

Pola súa banda, a portavoz municipal lamentou a demora na posta en marcha de medidas necesarias para a cidade por mor de “máis e máis informes”. Destacou que, a pesar dos constantes envíos de datos, o Concello espera que a Xunta actúe con dilixencia en cuestións tan relevantes como esta.

TAXA TURÍSTICA E CONTROL DE FLUXOS

En relación ás críticas da Unión Hoteleira sobre o feito de que o imposto por estancia non afecte os excursionistas, a portavoz do goberno local defendeu que o obxectivo da taxa non é reducir o número de turistas, senón utilizar os recursos recadados para promover un turismo máis consciente e mellorar a experiencia dos visitantes. Ademais, indicou que o Concello xa está a traballar no control dos fluxos turísticos mediante a instalación de sensores en puntos clave da cidade, o que permitirá analizar o movemento dos visitantes e tomar decisións futuras neste ámbito.

“Temos que diferenciar entre o imposto sobre estancias, o movemento de fluxos e a taxa a excursionistas”, puntualizou a portavoz municipal.

ÚLTIMAS

Rosa Crujeiras e Maite Flores pasan á segunda volta nas eleccións á reitoría da USC

A USC vén de pechar a xornada de votación electrónica para a elección da nova reitora...

Goretti Sanmartín reivindica no Debate do Estado do Concello as bases dun modelo urbano e social para as vindeiras xeracións

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, compareceu este xoves 12 de febreiro no Pleno...

Grande aumento na participación das eleccións na USC: o 87% do profesorado permanente e case unha cuarta parte do estudantado

A USC vén de facer público o segundo adianto de participación nas eleccións á...

O Concello estuda limitar novos hoteis en edificios completos para frear a perda de vivenda no centro histórico

O Goberno local de Santiago de Compostela está a estudar a modificación dos requisitos...

O Concello estuda limitar novos hoteis en edificios completos para frear a perda de vivenda no centro histórico

O Goberno local de Santiago de Compostela está a estudar a modificación dos requisitos...

O PP reclama unha actuación urxente ante o deterioro da antiga oficina de turismo da rúa Ramón Piñeiro

O concelleiro do Partido Popular no Concello de Santiago, José Antonio Constenla, reclamoulle ao...

O Concello de Santiago suspende un mes o servizo de animación para que os traballadores poidan cobrar o paro

O concelleiro de Mobilidade e Convivencia de Santiago, Xan Duro, anunciou este luns unha...