InicioPOLÍTICABorja Verea critica a alcaldesa por "non defender os negocios asaltados" durante...

Borja Verea critica a alcaldesa por “non defender os negocios asaltados” durante a manifestación pro Palestina

O líder do PP compostelán acusa ao BNG de apoiar un goberno "radical" e "sen educación democrática" tras os incidentes no Burger King

Publicado o

Xornal de Compostela

O líder do PP de Santiago, Borja Verea, achegouse esta semana ao Burger King para interesarse pola situación dos traballadores que estaban de turno o pasado domingo, cando un grupo de persoas asaltou o local durante a manifestación Pro Palestina. Verea expresou o seu malestar pola falta de resposta do goberno municipal ante estes incidentes e acusou á alcaldesa, Goretti Sanmartín, de non defender os negocios afectados.

Segundo Verea, “Santiago non se merece unha alcaldesa que se pon do lado dos presuntos delincuentes violentos e non defende os nosos negocios asaltados”. O popular defendeu a actuación da policía local durante os incidentes e criticou a postura do BNG, ao considerar que este se posiciona en contra das forzas de seguridade. “O que non pode facer agora o BNG é ir contra a policía, que o único que fixo ese día foi salvagardar o traballo dos negocios composteláns”, insistiu.

Verea sinalou que a manifestación debería ter sido un acto pacífico, pero que rematou converténdose nun asalto a establecementos públicos, unha situación que, segundo el, “ningún goberno debería defender”. Recalcou que “non estamos a falar de manifestantes, senón de presuntos delincuentes” e engadiu que, aínda que o dereito a manifestarse é lexítimo, os actos violentos non o son. Lembrou tamén que Santiago “ten decenas de manifestacións moito máis numerosas” nas que o comportamento é sempre impecable.

Ademais de condenar os incidentes, Verea criticou duramente o goberno local, ao califica-lo como un executivo “radical” que non representa a maioría dos composteláns. “Estamos ante o goberno con menos educación democrática da historia de Santiago”, afirmou, engadindo que o BNG, con só 6 concelleiros de 25, non ten o apoio maioritario da cidadanía.

O líder do PP expresou tamén o seu convencemento de que “moito do socialismo compostelán está horrorizado coas políticas radicais deste BNG” e asegurou que seguirá traballando “humildemente” para ganar a confianza dos veciños e poder gobernar para todos.

ÚLTIMAS

Chafarís e Down Compostela protagonizan en marzo a campaña municipal ’12 Comercios, 12 Sensibilidades’

O Concello de Santiago presentou este mércores as actividades correspondentes ao mes de marzo...

O Consello de Estudantado da USC organiza un debate cara a cara entre Maite Flores e Rosa Crujeiras

O Consello de Estudantado da USC organiza este venres 6 de marzo ás 18:00 horas...

Borja Verea defende a decisión do Pleno de manter o nome do colexio Apóstolo Santiago e pide respectar os acordos institucionais

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, manifestou o seu “máximo respecto”...

O Goberno aproba a prórroga do Plan de Sustentabilidade Turística de Santiago para completar as actuacións previstas

O Consello de Ministros aprobou a modificación e prórroga de oito convenios correspondentes á...

Borja Verea defende a decisión do Pleno de manter o nome do colexio Apóstolo Santiago e pide respectar os acordos institucionais

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, manifestou o seu “máximo respecto”...

Borja Verea acusa a Goretti Sanmartín de “enfadarse por gañar” e pídelle que vote a favor da concesión da auga

O portavoz do Partido Popular no Concello de Santiago, Borja Verea, cargou este luns...

Marta Abal reclama desbloquear a concesión do servizo de auga en Santiago ante unha rede “crítica e insostible”

A concelleira do Grupo Municipal Socialista en Santiago, Marta Abal, advertiu este martes en...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here