InicioMOV. SOCIAISA CIG-Ensino denuncia vulneración do dereito á folga en Beatriz Seijo Art...

A CIG-Ensino denuncia vulneración do dereito á folga en Beatriz Seijo Art Studio

O sindicato acusa a empresa de substituír traballadoras en folga por persoal interno e anuncia novas mobilizacións

Publicado o

Xornal de Compostela

A CIG-Ensino anunciou que presentará unha denuncia ante a Inspección de Traballo contra a empresa Beatriz Seijo Art Studio + Gallery por vulneración do dereito á folga. Segundo o sindicato, a dirección da empresa está substituíndo traballadoras en folga por persoal interno, unha práctica que consideran ilegal e contraria á xurisprudencia sentada por sentenzas do Tribunal Constitucional, como a STC 123/1992 e a STC 033/2011.

A folga, que xa leva sete días en marcha e conta co apoio do 90% do persoal docente e o 80% do persoal total, busca reclamar melloras laborais, como a readmisión dunha traballadora despedida, a modificación das categorías profesionais, a regularización da antigüidade e da xornada laboral, e a redución das ratios nas aulas. Segundo o comité de folga, a empresa ignorou estas demandas, optando pola substitución das traballadoras durante as clases de creatividade infantil e xuvenil.

O comité de folga insta á empresa a cesar estas prácticas e a sentarse a negociar con boa fe para chegar a un acordo que permita retomar a actividade do centro con normalidade. Mentres non haxa avances, as traballadoras anunciaron novas mobilizacións, incluíndo unha aula aberta reivindicativa ás 17:00 horas deste martes.

ÚLTIMAS

Antonio López amosa a súa sorpresa pola dinámica de confrontación nas eleccións á reitoría da USC

O actual reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López, manifestou este mércores...

A MICE aposta polo rexistro antropolóxico e os sons en perigo na súa 21ª edición

A 21ª edición da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico (MICE), que se celebrará entre...

Marta Abal alerta dun “preocupante freazo” na actividade urbanística en Santiago tras a caída da construción de vivendas

A concelleira do Grupo Municipal Socialista en Santiago, Marta Abal, advertiu dun “preocupante freazo”...

Boqueixón organiza unha andaina pola igualdade e un curso de defensa persoal polo Día da Muller

O Concello de Boqueixón conmemorará o Día Internacional da Muller cunha programación que inclúe...

Chafarís e Down Compostela protagonizan en marzo a campaña municipal ’12 Comercios, 12 Sensibilidades’

O Concello de Santiago presentou este mércores as actividades correspondentes ao mes de marzo...

A ANPA do CEIP Santiago Apóstol denuncia o “bloqueo” ao cambio de nome do centro: “Ignoraron dous anos de diálogo”

A ANPA do CEIP Santiago Apóstol denunciou o “bloqueo” por parte do pleno do Concello...

Milleiros de persoas percorren Santiago para reclamar máis recursos e menos ratios no ensino público

A Alameda de Santiago foi este sábado o punto de partida dunha mobilización convocada...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here