InicioMOV. SOCIAISA CIG tacha de "enchufe" o nomeamento de Eloína Núñez como subdirectora...

A CIG tacha de “enchufe” o nomeamento de Eloína Núñez como subdirectora en Política Social

O sindicato acusa á Xunta de usar en fraude de lei a figura de comisión de servizos para o nomeamento da exgerente da área de Santiago

Publicado o

Xornal de Compostela

A Confederación Intersindical Galega cargou duramente contra o nomeamento de Eloína Núñez como subdirectora na Consellería de Política Social, un cargo ao que accedeu a través dunha comisión de servizos. A exgerente da área sanitaria de Santiago e curmá do líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, foi designada en agosto para este posto, o que, segundo o sindicato, constitúe un “enchufe ás agachadas” e un uso “en fraude de lei” desta figura administrativa.

Nun comunicado emitido este mércores, a CIG denunciou que a Xunta empregou a fórmula da comisión de servizos, que debe ser “excepcional e temporal”, para evitar dar publicidade ao nomeamento de Núñez no DOG. A convocatoria do posto realizouse o 12 de xullo, e a súa concesión, o 14 de agosto, sen que se fixeran públicos os criterios nin as persoas que optaron a el.

O sindicato nacionalista considera que este nomeamento é un exemplo da “falta de transparencia” do Goberno galego, que, segundo afirman, está a “colocar amiguetes e pagar favores” de maneira discreta. “A Xunta prefire operar sen testemuñas, coma se dun delito tratásese”, afirma a CIG no seu comunicado.

Por último, a CIG subliña que o emprego da comisión de servizos neste caso é unha “fraude de lei”, xa que se trata dun instrumento orientado a cubrir postos de maneira excepcional e non para asignar cargos de xeito encuberto.

ÚLTIMAS

Educación investiga un incidente no que un profesor agarrou polo pescozo a un alumno nun colexio santiagués

A Asociación de Nais e Pais de Alumnos (ANPA) do CEIP Monte dos Postes,...

O Goberno local atribúe a problemas técnicos o atraso nas bolsas de comedor

O Goberno local de Santiago respondeu ás críticas formuladas polo Partido Popular sobre o...

Jesús López Romalde é reelixido decano da Facultade de Bioloxía da USC con amplo apoio do profesorado

O catedrático da Universidade de Santiago de Compostela, Jesús López Romalde, vén de ser...

O Centro Dramático Galego esgota as entradas de ‘Hamlet’ ata o final da súa programación

O Centro Dramático Galego completou o aforo para todas as funcións restantes de 'Hamlet'...

O estudantado da USC convoca folga o 28 de abril para reclamar melloras no ensino público

O movemento estudantil da Universidade de Santiago de Compostela anunciou a convocatoria dunha folga...