InicioMOV. SOCIAISA CIG acusa á Consellería de Educación de converter en "acto político"...

A CIG acusa á Consellería de Educación de converter en “acto político” as xornadas de benvida aos docentes

O sindicato critica a obrigatoriedade da asistencia presencial e a falta de compensación polos desprazamentos

Publicado o

Xornal de Compostela

A CIG acusou á Consellería de Educación de transformar as xornadas de benvida a docentes en prácticas, celebradas esta semana na Cidade da Cultura, nun “acto político”. O sindicato nacionalista cuestiona que se obrigase ao profesorado que obtivo praza nas oposicións deste verán a asistir presencialmente, cando o resto da formación obrigatoria se realiza de forma telemática.

Nun comunicado emitido este venres, a CIG puxo o foco en que os actos dos días 4 e 5 de setembro, dirixidos a docentes de primaria e secundaria, formaban parte da axenda oficial do conselleiro Román Rodríguez e o seu equipo, algo que consideran inadecuado para un evento de carácter formativo.

Ademais, o sindicato denunciou que non se contempla o pago dos gastos de desprazamento para o profesorado que foi convocado a estas xornadas de asistencia obrigatoria, a pesar de que este persoal ten recoñecido o dereito a compensación económica nestes casos.

A CIG reclamou a modificación ou eliminación destas xornadas ou, no seu defecto, que se organicen con carácter comarcal para evitar desprazamentos longos. Tamén pediu que se exclúan intervencións políticas, como a presenza da directora xeral de FP na xornada de Infantil e Primaria, ao considerar que non tiña relevancia no contexto.

Finalmente, o sindicato esixe que a Consellería abone o gasto de quilometraxe ao profesorado que asistiu aos actos desta semana.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Sanidade Galega con Palestina convoca unha concentración no Obradoiro pola liberación do doutor Hussam Abu Safiya

Sanidade Galega con Palestina (SGCP) convocou para este domingo, 6 de setembro, unha concentración...

Santiago homenaxeará a Rosa Bassave dando o seu nome ao espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes

O espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes pasará a levar oficialmente o nome...