InicioMOV. SOCIAISA comunidade universitaria en defensa a Palestina carga contra a "hostilidade" da...

A comunidade universitaria en defensa a Palestina carga contra a “hostilidade” da USC

A comunidade estudantil solicita á USC un compromiso explícito coa causa palestina e acusa á institución de actitudes hostís

Publicado o

Xornal de Compostela

Dende mediados de maio, a Facultade de Historia da USC convértese no escenario dunha acampada estudantil en defensa do pobo palestino, que criticou duramente a dirección da USC e o decanato por unha suposta actitude “hostil”. Segundo os participantes, que oscilan entre “70 e 80 persoas” de forma permanente, a universidade trata de “desprestixiar” a súa acción con “mentiras” nos medios e “presións” sobre os integrantes.

Nunha comparecencia ante os medios realizada esta mañá, os manifestantes anuncian que están citados para unha reunión con Antonio López, reitor da USC, á cal lle trasladarán un manifesto de 17 puntos. Entre as demandas, destaca a petición para que a universidade rompa relacións con empresas e entidades que apoiaron “o xenocidio” do pobo palestino, e a visibilización da denuncia deste xenocidio nos edificios oficiais da USC.

Os acampados acusan á dirección da USC de complicidade co sionismo e de iniciar unha “campaña de desprestixio” na comunidade universitaria para desacreditar a voz da protesta. Reclaman o fin da “hipocrisía” da institución e a adopción de medidas concretas, afirmando que non están dispostos a negociar e que outras universidades, como a Universitat de Barcelona, xa asumiron compromisos similares.

Ademais, criticaron aos “políticos profesionais” por tratar de cooptar os movementos de base e pretender dirixir a protesta mentres forman parte da “armazón burocrática europea que participa do xenocidio”. Após a reunión co reitorado, decidirán en asemblea os seguintes pasos a seguir, mentres continúan cunha campaña de recollida de firmas en apoio á súa causa.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Sanidade Galega con Palestina convoca unha concentración no Obradoiro pola liberación do doutor Hussam Abu Safiya

Sanidade Galega con Palestina (SGCP) convocou para este domingo, 6 de setembro, unha concentración...

Santiago homenaxeará a Rosa Bassave dando o seu nome ao espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes

O espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes pasará a levar oficialmente o nome...